Operación Aníbal

A operación Aníbal foi unha operación militar alemá para evacuar as tropas e os civís do leste de Prusia a metade de xaneiro de 1945 e non deixalos a mercé do Exército Vermello da Unión Soviética.

Barcos no mar Báltico.

Historia editar

A principios de xaneiro de 1945, Karl Dönitz deuse de conta de que Alemaña pronto sería derrotada, e desexando salvar os seus submarinos, enviou unha mensaxe codificada o 23 de xaneiro cara a Gothenhafen para escapar cara ao oeste por medio da operación de nome código Aníbal. Dönitz desexaba evacuar tanta xente como for posíbel e levala até Alemaña, e polos a salvo do avance soviético.

Nun período de catro meses ao redor de 1100 naves alemás transportaron uns dous millóns de persoas a través do mar Báltico cara a Alemaña, converténdose nunha das evacuacións de refuxios máis grande da historia.

Perdas editar

No marco da Operación Aníbal ocorreu o afundimento do Wilhelm Gustloff no mes de xaneiro, produto do ataque do submarino soviético S-13, e que causou a morte de 9343 persoas, a gran maioría civís, na que dende entón é a traxedia marítima con maior número de vítimas mortais.[1] En conxunto, os transatlánticos Wilhelm Gustloff, Goya e Steuben, xunto con outros 158 buques mercantes, perdéronse durante as 15 semanas que durou a Operación Aníbal (23 de xaneiro-8 de maio de 1945).[2]

Notas editar

  1. "Hundimiento del KDF Wilhelm Gustloff" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2020. Consultado o 16 de xuño de 2020. 
  2. Charles W. Koburger (1989); Steel Ships, Iron Crosses, and Refugees. Praeger Publishers, NY, páx. 107

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.