Open Source Geospatial Foundation

Open Source Geospatial Foundation
Organización Nacións Unidas
Siglas OSGF
Directora María Arias de Reyna
Estado Activa
Fundada 4 de febreiro de 2006 (18 anos)
Sede Chicago, Estados Unidos de América Estados Unidos
Páxina web osgeo.org

A Open Source Geospatial Foundation (OSGeo), é unha organización non gobernamental cuxa misión é dar soporte e promover o desenvolvemento colaborativo de tecnoloxías xeoespaciais e datos abertos. Ten entidade legal de fundación e foi constituída en febreiro de 2006 para proporcionar apoio financeiro, legal e organizativo a toda a Comunidade geoespacial do software libre e o software de código aberto. Tamén serve, como entidade legal independente a través da cal os seus membros poden realizar contribucións de código, fondos ou outros recursos coa seguridade de que ese coñecemento e o resto de contribucións estarán dispoñibles para beneficio de todo o mundo.

A Fundación OSGeo está inspirada, tanto nos seus principios como na súa forma de goberno, na Fundación Apache, de forma que os seus membros proveñen dos individuos que forman os diversos proxectos aos que acolle OSGeo. A membresía susténtase na contribución activa nos proxectos e os órganos de goberno da Fundación.

A Fundación persegue obxectivos máis aló do desenvolvemento de software, tales como promover o acceso libre aos datos geospaciales gobernamentais e aos datos completamente libres, como os xerados e mantidos polo proxecto OpenStreetMap. Tamén se pon especial atención en temas educativos e en capacitación. A Fundación se estrutura en diversos comités que traballan na introdución de estratexias para a consecución dos obxectivos.

Proxectos editar

 
A Fundación fomenta a interoperabilidade entre ferramentas xeográficas.

OSGeo alberga os seguintes proxectos:

Bibliotecas espaciales:

Aplicacions de escritorio:

Aplicacions Web:

Catálogos de metadatos:

Proxectos retirados:

Forma de goberno editar

A Fundación OSGeo é unha organización dirixida pola comunidade e a súa estrutura directiva é moi pequena. Ten 45 membros fundadores, 9 membros do consello director e o presidente Arnulf Christl. Acolle a máis de 20 proxectos dos cales 16 son de desenvolvemento de software, outros proxectos tratan sobre cuestións organizativas propias do consello director, o mantemento da web, a mercadotecnia e a difusión, educación e datos públicos e abertos. A Comunidade de OSGeo colabora vía unha Wiki, Listas de Correo e IRC.

Premios Sol Katz editar

O premio Sol Katz ao Software Geoespacial Libre e de Código Aberto (GFOSS polas súas siglas en Inglés) concédese anualmente a individuos que destaquen dentro da Comunidade GFOSS. Os receptores do premio deben contribuír significativamente a través das súas actividades ao avance e desenvolvemento dos ideais do Código Aberto na contorna geoespacial.

Capítulo local da Comunidade Hispanohablante de OSGeo editar

Baseado nun artigo orixinal de Jorge Gaspar Sanz Licenciado baixo CCBySa que pode atoparse no svn da Fundación OSGeo

Antecedentes editar

Durante as primeiras xornadas de SIG Libre, en febreiro de 2007, Lorenzo Becchi e Luís W. Sevilla organizaron unha reunión informal para que Lorenzo, como membro activo da comunidade OSGeo, contase aos interesados que é OSGeo e por que podía ser interesante iniciar unha comunidade no idioma español en forma de Capítulo Local.

Á reunión asistiron tanto persoas vinculadas en maior ou menor medida a diferentes proxectos FOSS4G, en especial gvSIG e GRASS, como persoas simplemente interesadas na iniciativa.

Inmediatamente despois do congreso Lorenzo puxo en marcha a lista de correo para o capítulo local así como unha páxina no wiki onde os interesados podían apuntarse e empezar a tecer un conxunto de contidos mínimos: obxectivos, pasos a seguir para formalizar o capítulo etc.

Formalización editar

Ao longo de 2008, e empregando a lista de correo como medio de comunicación, o Capítulo foi cobrando forza e estructurandose ata que se iniciou un proceso electoral dirixido por Luís W Sevilla cuxo resultado constituíu o primeiro Consello Director do Capítulo. Todos os participantes neste primeiro proceso electoral, foron nomeados Membros con Dereito a Voto do Capítulo.

O 5 de novembro de 2008 o Capítulo Local o_Cap%C3%ADtulo_Local_Hispanohablante solicitou a formalización[Ligazón morta] para ser incluído oficialmente dentro da estrutura da Fundación. O 14 de novembro de 2008 o Board of Directors da Fundación aprobou oficialmente o Capítulo.

Notas editar

  1. FDO
  2. GEOS
  3. MetaCRS
  4. OSSIM
  5. degree
  6. "Community MapBuilder". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2006. Consultado o 18 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar