Onicolise

Onicolise ou onicólise (do grego ónuks, unlla e lúsis, destrución) é o termo médico empregado en dermatoloxía para se referir á separación da unlla do leito ungueal sobre o que repousa, e que causa á rotura e mesmo á posterior caída desta.[1]

Onicolise
Clasificación e recursos externos
DiseasesDB9236
MeSHD054039
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A causa máis frecuente de onicolise é a psoríase. Esta condición tamén pode acontecer na tirotoxicose (hipertiroidismo) por mor da hiperactividade e sobreestimulación do sistema nervioso simpático.[2] A onicoliste pode ser debida tamén a infeccións, traumatismos da propia unlla e mesmo fármacos como a talidomida.[3][4]

NotasEditar

  1. Freedberg; et al. (2003). Fitzpatrick's Dermatology in General Medicine (6th ed.). McGraw-Hill. p. 660. ISBN 0-07-138076-0. 
  2. Talley&O'Connor (2006). Clinical Examination A Systematic Guide to Physical Diagnosis (5th ed.). Elsevier. p. 262. ISBN 0-7295-3762-5. 
  3. Weber&Kelley (2010). Health Assessment in Nursing (4th ed.). Wolters Kluwer Health and Lippincott, Williams & Wilkins. p. 193. ISBN 978-0-7817-8160-2. 
  4. Pastor Tomás, Natalia; Betlloch Mas, Isabel (2004-1). "Onicólisis inducida por fármacos". Piel (en castelán) 19 (5): 250–254. doi:10.1016/S0213-9251(04)72846-4. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar