Omar al-Mukhtar, nado o 20 de agosto de 1858 e finado en Suluq o 16 de setembro de 1931, foi un dirixente relixioso e militar libio que guiou a resistencia anticolonial contra os italianos nos anos dez e vinte do século XX, coñecido cos alcume do xeque dos mártires ou o león do deserto. Capturado polos italianos executárono en 1931.

Infotaula de personaOmar al-Mukhtar

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) عمر المختار Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1858 Editar o valor em Wikidata
Cirenaica Editar o valor em Wikidata
Morte16 de setembro de 1931 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Libia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Enforcamento Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSuluq (en) Traducir
Q31069643 Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeLibia Editar o valor em Wikidata
RelixiónSunnismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia , guerrilleiro Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloXeque Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado nun pequeno asentamento da Cirenaica quedou orfo de moi cativo, quedando baixo o coidado do xeque Sharif el-Gariani. Estudou durante oito anos na escola coránica de Jaghbub, onde se integrou na tariqa (confraternidade) sanusi, seguindo despois os seus estudos na madrasa de Janzur. Despois da conquista italiana en 1912 formáronse movementos de resistencia senusi, o máis destacado dirixido por al-Mukhtar, facendo que fóra da zona costeira o poder italiano fose só nominal. En 1923 Idris desígnao xefe da resistencia guerrilleira contra os italianos. En 1927 unha forte presión italiana parecía varrer a resistencia de al-Mukhtar que reforzou o enfrontamento de guerrilas para facer fronte á situación, en 1930 as autoridades italianas deportaron á poboación da zona para illar os focos de resistencia [1]. O 11 de setembro de 1931 os italianos capturárono preto de Slonta.

Notas editar

  1. Geoffrey Leslie Simons Libya: the struggle for survival:Palgrave Macmillan, 1993, páxina 129