Olivia de Miguel
Olivia de Miguel Crespo, nada en Logroño en 1948, é unha profesora universitaria e tradutora española, galardoada co Premio Nacional de Tradución de España en 2011 pola versión ó español de Poesía completa, da estadounidense Marianne Moore.[1]
Nome orixinal | (es) Olivia de Miguel Crespo ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1948 ![]() Logroño, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Zaragoza - Licenciatura Universidade Autónoma de Barcelona - Doutoramento ![]() |
Actividade | |
Ocupación | profesora universitaria , tradutora , filóloga ![]() |
Empregador | Universidade Pompeu Fabra ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Premios | |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciada en Filoloxía Angloxermánica pola Universidade de Zaragoza e doutora en Teoría da Tradución pola Universidade Autónoma de Barcelona, é profesora titular da Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade Pompeu Fabra[2].
Como tradutora literaria traduciu desde o inglés ó español a autores coma Kate Chopin, Joan Didion, George Orwell, Judith Thurman, Barry Hannah ou G. K. Chesterton[2].