Abrir o menú principal

Katherine O'Flaherty Faris, nada en St. Louis (Missouri) o 8 de febreiro de 1850 e finada na mesma cidade o 22 de agosto de 1904), foi unha escritora estadounidense, máis coñecida como Kate Chopin.

Kate Chopin
Kate Chopin.jpg
Nacemento8 de febreiro de 1850
 St. Louis
Falecemento22 de agosto de 1904
 St. Louis
Causahemorraxia cerebral
SoterradaCalvary Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónescritora, novelista e tradutora
Coñecido/a porThe Awakening e At the Cadian Ball
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

O seu pai, Thomas O'Flaherty, era un adiñeirado home de negocios que emigrara desde Galway, Irlanda. A súa nai, Eliza Faris, era fiel adepta á comunidade crioula francesa, e a súa avoa materna, Athenaïse Charleville, era así mesmo de ascendencia gala.

O pai de Chopin morreu en 1855, cando ela tiña tan só cinco anos. Como fundador do tren do Pacífico, estaba a bordo na viaxe inaugural cando unha ponte sobre o río Gasconade se viu abaixo.Aquel mesmo ano, Kate ingresou na St. Louis Academy of the Sacred Heart (Academia do Sacro Corazón de San Luís).

A morte do seu pai levouna a desenvolver unha relación próxima coa súa nai e a súa avoa. Tamén se converteu nunha fervente lectora de contos de fadas, poesía, alegorías relixiosas, así como de novelas clásicas e contemporáneas. Sir Walter Scott e Charles Dickens formaban parte dos seus autores predilectos.

O ano 1863 foi moi malo para a familia da autora: a súa bisavoa morreu, do mesmo xeito que o seu medio irmán George. Sendo un soldado confederado, faleceu de febre tifoidea mentres se atopaba recluído como prisioneiro de guerra. Kate axiña abandonou a educación regular e se recolleuse aínda máis no ambiente da lectura.

En 1865, retomou a educación formal, regresando por último á Academia do Sacro Corazón. Comezou empregando un libro de uso corrente. Graduouse da Academia do Sacro Corazón en 1868, pero non obtivo ningunha distinción particular, excepto unha habilidade como narradora de historias.

Con vinte anos comezou a ser apreciada pola alta sociedade de St. Louis, onde era recoñecida polo seu enxeño, e dedicou moito tempo á música. Nunha viaxe a Nova Orleáns, Luisiana, foi enormemente influenciada por unha cantante e actriz de ideas liberais. As súas experiencias en Nova Orleáns foron a base de Emancipation: A Life Fable. Durante estes anos, centrouse en cuestionar a autoridade da Igrexa católica, especialmente en problemas relacionados a cuestións de xénero: sentiu que esta dominaba ás mulleres.

Kate casou con Oscar Chopin o 9 de xuño de 1870 en St. Louis. O seu marido era membro da comunidade crioula francesa da cidade. Tiveron unha lúa de mel en Alemaña, Suíza e Francia, pero regresaron a América axiña por mor do comezo da Guerra Franco Prusiana.

Na seguinte década, Kate e Oscar viviron en Nova Orleáns, cun estilo de vida algo promiscuo, no 1413 de Louisiana Avenue, onde Oscar Chopin finalmente ingresou no negocio do algodón como un "fabricante". Durante este período, tiveron cinco fillos e unha filla, mentres Kate permanecía activa no círculo social da cidade. Os veráns pasábanos en Grand Isle, unha comunidade balnearia no Golfo de México. A independencia de Kate creceu, incluíndo o hábito de camiñar soa polas rúas da cidade, o que molestaba considerablemente aos veciños locais. Foi testemuña de confrontacións raciais, así como de terrorismo organizado en contra dos afroamericanos.

En 1879, a empresa de algodón de Oscar Chopin fracasou e a familia mudouse a Cloutierville, Luisiana, para administrar pequenas plantacións e unha tenda xeral. Convertéronse en activistas da comunidade, e Kate absorbeu moito material para a súa futura narración, moi vinculada á cultura cajún da zona. O seu fogar no 243 Highway 495 (construído por Alexis Cloutier na primeira metade de século) é actualmente un fito histórico nacional e a sede do Bayou Folk Museum.

Cando Oscar Chopin morreu de febre amarela en 1884, deixou á súa esposa cunha débeda de 12 000 dólares. A escritora tentou controlar as plantacións e cultivou soa pero con escaso éxito. Nese entón, tivo unha fantasía pasional cun granxeiro casado.

A súa nai pregoulle que regresase a St. Louis, e en 1884 mudouse alí cos seus fillos. Kate e a súa familia mergulláronse aos poucos na vida de St. Louis, onde Chopin puido prescindir de toda preocupación próxima ao diñeiro, e durante este tramo achouse disposta a penetrarse na lectura. Ao ano seguinte, morreu a súa nai.

Por esta época, Kate sufriu unha crise nerviosa e o seu doutor suxeriulle que considerase á escritura como unha forma de desafogarse a si mesma. Facendo conta do consello, pronto redescubriu a súa narrativa natural.

Para fins da década de 1880, Kate xa se atopaba narrando historias curtas, artigos, e traducións que apareceron nos xornais Atlantic Monthly, Criterion, Harper's Young People, The Saint Louis Dispatch, The Story of an Hour e Vogue. Foi inmediatamente aclamada como unha autora das cores locais, pero as súas calidades literarias foron pasadas desapercibidas.

En 1899 a súa segunda novela, The Awakening, foi publicada a pesar das duras críticas que recibiu baseado nunha cuestión moral máis que no plano do literario. O seu máis recoñecido traballo trata da historia dunha esposa insatisfeita que explora a súa sexualidade. Fóra de circulación por varias décadas, atópase hoxe amplamente dispoñible.

Chopin, profundamente decepcionada pero non derrotada, retomou o plano do conto breve. En 1900 escribiu The Gentleman from New Orleans, e ese mesmo ano foi incluída na primeira edición de Marquis Who's Who. Cara a 1904 Kate experimentou un colapso mentres visitaba o St. Louis World's Fair. Faleceu dous días despois, á idade de 53 anos.

Actualmente, Kate Chopin forma parte do Paseo da Fama de St. Louis.

ObraEditar

RelatosEditar

  • «Désirée's Baby» (1892). Este conto versa de temas vinculados ao racismo, á mestizaxe e ás cores locais de Louisiana. Nel, a autora é libre de expresar as súas ideas con claridade, empregando unha serie de símbolos e imaxes que ilustran a súa visión do tema. Ambientado no período da escravitude, Chopin ofrece un rico panorama de contrastes e trata moi de preto o tema da relación cos escravos tanto domésticos como rurais. Fai uso, así mesmo, dun vocabulario característico dunha zona francófona — si temos en conta que naquel entón se manexaban o francés e o inglés de forma indistinta polos habitantes de Nova Orleans, lugar que era considerado polo resto do país como unha terra de panoramas exóticos, que Chopin soubo explotar acertadamente. Para iso, profundou na pronuncia e en cuestións estreitamente emparentadas á linguaxe, tanto sexa pola súa condición de bilingüe francés e inglés, como de fiel representación dun territorio que se atopaba algo illado do ollo estadounidense. A alegoría maniquea é apreciable ao redor de case toda a obra, que busca, ademais, instruír aos lectores dunha forma meticulosa como non se viu noutros das súas máis destacados traballos.
  • «Bayou Folk»
  • «The Story of an Hour» (1894)
  • «A Night In Acadie» (Way and Williams,1897)
  • «The Storm»
  • «Pair of Silk Stockings»
  • «Athenaise»
  • «At the 'Cadian Ball»
  • «Lilacs»
  • «A Respectable Woman»

NovelasEditar

  • At Fault (1890)
  • O espertar[1] (The Awakening, 1899)

NotasEditar