Olive Dennis
Olive Wetzel Dennis, nada en Thurlow (Pensilvania) o 20 de novembro de 1885 e finada en Baltimore o 5 de novembro de 1957, foi unha enxeñeira que coas súas innovacións no deseño vai mudar a natureza das viaxes por ferrocarril.[1][2][3]
Olive Dennis | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de novembro de 1885 |
Lugar de nacemento | Chester |
Falecemento | 5 de novembro de 1957 |
Lugar de falecemento | Baltimore |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Goucher College, Universidade Cornell e Cornell University College of Engineering |
Ocupación | inventora, enxeñeira civil, enxeñeira e enxeñeiro ferroviario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Recibiu a súa licenciatura no Goucher College en 1908 e un máster en matemáticas pola Universidade de Columbia ao ano seguinte. Despois de ensinar en Wisconsin, decidiu estudar enxeñaría civil na Universidade Cornell, obtendo o seu título en só un ano, en 1920.[1] Este ano foi contratada polo B&O (Baltimore e Ohio Railroad) para deseñar pontes, a primeira das cales foi en Painesville, Ohio. Ao ano seguinte, Daniel Willard, presidente do ferrocarril, observou que dado que a metade dos pasaxeiros do ferrocarril eran mulleres, a tarefa de mellorar o servizo sería máis apropiada para unha muller.[4][5] Dennis converteuse na primeira persoa "enxeñeira de servizos" cando o B&O creou o posto. O historiador de enxeñaría Kurt H. Debus, describiuna como a primeira enxeñeira de servizos, masculina ou feminina, en América. Máis tarde na súa carreira, B&O encargou a Dennis que deseñase un tren enteiro que incorporase todas as súas novas características. O tren, o Cincinnatian, foi considerado "a gloria da súa carreira", segundo a historiadora Sharon Harwood.[4] Tamén foi a primeira muller membro da American Railway Engineering Association. Foi elixida para a British Women Engineering Society en 1931.[6][7]
InnovaciónsEditar
Entre as novidades que a señora Dennis introduciu nos trens de pasaxeiros estaban: asentos que podían inclinarse parcialmente; tapicería resistente ás manchas; vestiarios máis grandes para mulleres, con toallas de papel gratuítas, xabón líquido e cuncas de bebida; luces do teito que podían escurecer durante a noite; aberturas individuais (que patentou) para permitir aos pasaxeiros ter aire fresco; e posteriormente, compartimentos climatizados. Outros transportistas ferroviarios seguiron estas innovacións nos anos seguintes, e os autobuses e compañías aéreas á súa vez tiveron que mellorar o seu nivel de confort para poder competir cos ferrocarrís.
O seu legado por estas innovacións e comodidades é en gran parte descoñecido fóra da comunidade ferroviaria. As súas patentes de deseño foron asignadas ao ferrocarril e o seu nome non aparece no material publicitario do Cincinnatian, a pesar de deseñalo.[4]
O punto de vista da mullerEditar
"Non importa o éxito que poida ter unha empresa", dixo, "pode ter aínda máis éxito se considera o punto de vista da muller".[8] Aínda que os cambios non foron suficientes para salvar a industria de pasaxeiros ferroviarios nos Estados Unidos, a perspectiva única da señora Dennis como viaxeira feminina, con formación en enxeñería técnica, influíu na industria das viaxes en todo o país.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Cornell Rewind: Phenomenal first women of engineering". Cornell Chronicle (en inglés). Consultado o 2020-03-26.
- ↑ Baltimore & Ohio Railroad Museum (ed.). "Olive Dennis". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2019.
- ↑ Virgili, Universitat Rovira i. "Olive Dennis Dones i Ciències". Universitat Rovira i Virgili (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2020. Consultado o 2020-03-26.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Giaimo, Cara (2018-04-09). "The 'Lady Engineer' Who Took the Pain Out of the Train". Atlas Obscura (en inglés). Consultado o 2020-03-26.
- ↑ San Martín, Javier; Lekuona Izaskun (2017-02-15). "Olive Dennis, ingeniería, ergonomía y diseño sobre raíles". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2020-03-26.
- ↑ "Post Magazine". www2.theiet.org. Consultado o 2020-03-26.
- ↑ Marilyn Bailey Ogilvie, ed. (2000). The biographical dictionary of women in science : pioneering lives from ancient times to the mid-20th century (en inglés). New York: Routledge. ISBN 0-415-92038-8.
- ↑ Hatch, Sybil E. (2006-01-01). Changing Our World: True Stories of Women Engineers (en inglés). ASCE Publications. ISBN 978-0-7844-0835-3.