Olaría de Buño

(Redirección desde «Olería de Buño»)

A olaría de Buño é a produción artesá da olaría en Buño (Malpica de Bergantiños), un dos centros máis importantes na produción cerámica galega.

Xerra vidrada de Buño.
Mulleres carretando os traballos dos oleiros (c. 1915).

Historia editar

A tradición remóntase ao século XVI, aínda que posiblemente xa traballasen o barro dende moito antes[Cómpre referencia]. Actualmente seguen en funcionamento varios fornos do século XVIII, producindo pezas que se distinguen polo seu aspecto vidrado. Tal acabado aplícase cun pincel fino e ten por finalidade impermeabilizar o barro.

Celébrase a Mostra da olaría de Buño[1], que en 2022 chegou á súa XVIII edición.

Notas editar

  1. "Mostra da olería". Concello Malpica. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar