Oleksii Pecherov

baloncestista ucraíno

Oleksiy Pecherov (Олексій Печеров en lingua ucraína), nado o 8 de decembro de 1985 en Donetsk, RSS de Ucraína, Unión Soviética, é un xogador ucraíno de baloncesto profesional.

Oleksiy Pecherov
Información persoal
Nacemento 8 de decembro de 1985 (38 anos)
Donetsk, RSS de Ucraína, Unión Soviética
Nacionalidade Ucraína
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 105 kg (232 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Información da carreira
NBA Draft 2006 / Rolda: 1 / Elección: 18
Por Washington Wizards
Internacional Ucraína
Carreira dende 2002
Historial de equipos

Polytekhnik Kharkiv (2002–2004)
BC Kyiv (2004–2005)
Paris Basket Racing (2005–2006)
BC Kyiv (2006–2007)
Washington Wizards (2006, 2007–2009)
Minnesota Timberwolves (2009–2010)
Olimpia Milano (2010–2011)
Azovmash (2011–2013)
Valencia Basket (2013)
Krasnye Krylia (2014)
Kalev/Cramo (2015)
Hekmeh (2016)

Foi seleccionado na 18ª posición do Draft da NBA de 2006 polos Washington Wizards. Pecherov asinou un contrato cos Wizards o 5 de xullo de 2007. Anteriormente, xogou para o Paris Basket Racing en Francia. O 23 de xuño de 2009, foi traspasado xunto a Etan Thomas, Darius Songaila, e unha elección de primeira rolda do Draft aos Minnesota Timberwolves a cambio de Randy Foye e Mike Miller.[1]

En 2010, xogou para o AJ Milano da liga italiana.[2] Un ano máis tarde asinou co BC Azovmash Mariupol de Ucraína.[3]

Notas editar

  1. Source: Foye, Miller head to Wiz
  2. "AJ MILANO nabs Pecherov". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2011. Consultado o 14 de xuño de 2011. 
  3. Azovmash inks Pecherov for two years

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar