Oleksandr Stoika (en ucraíno: Олександр Стойка), nado en Karachyn (Austria-Hungría) o 16 de outubro de 1890 e finado en Uzhhorod (Reino de Hungría) o 31 de maio de 1943, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, entre 1932 e 1943 bispo de Mukacheve.

Олександр Стойка
(Oleksandr Stoika)
Bispo da Igrexa católica bizantina rutena
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1890 en Karachyn, Austria-Hungría
Pasamento31 de maio de 1943 en Uzhhorod, Reino de Hungría
Ordes
Ordenación sacerdotal17 de decembro de 1916
Consagración episcopal12 de xullo de 1932, por Pavel Peter Gojdič
Bispo de Mukacheve
1932 - 1943
PredecesorPetro Gebei
SucesorTeodor Romzha (administrador apostólico)
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Naceu en Karachyn o 16 de outubro de 1890.[1] Estudou a secundaria en Uzhhorod, e a partir de 1910 no Seminario Teolóxico de Uzhhorod e no Seminario Central de Budapest, logo do cal foi ordenado sacerdote o 17 de decembro de 1916.[1] Traballou como secretario do bispo até 1930, e logo da morte de Petro Gebei administrou a eparquía, até que en maio de 1932 foi nomeado bispo de Mukacheve.[1]

Logo de ser elixido bispo, Stoika traballou para mellorar a situación económica dos seus fieis:[1] lanzou o "evento de Pascua", que recadou fondos en todo o país para os pobres. Durante o seu episcopado abriu internados para os cativos en Uzhhorod, ordenou a 158 sacerdotes, e dirixiu 163 misións para promover a volta á Igrexa de moitos afastados. Cóntanse 67 igrexas entre as construídas e renovadas durante o seu mandato, e visitou persoalmente cada unha das parroquias da eparquía. Finou en Uzhhorod o 31 de maio de 1943.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Kubiiovych, Volodymyr; Huzar-Struk, Danylo, eds. (1993). Encyclopedia of Ukraine 5. University of Toronto Press. p. 56. ISBN 9780802030108. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Petro Gebei
 Bispo de Mukacheve 
1932 - 1943
Sucesor:
Teodor Romzha
(administrador apostólico)