Olegario Ramón Fernández

político español

Olegario Ramón Fernández, nado en Peranzais o 14 de setembro de 1970, é un político berciano, alcalde de Ponferrada dende o 15 de xuño de 2019 ata o 17 de xuño de 2023. Dende o 17 de xullo de 2023 é presidente do Consello Comarcal do Bierzo.[1]

Infotaula de personaOlegario Ramón Fernández
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Peranzais, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de León Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónalcalde de Ponferrada (2019–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Dereito na Universidade de León[2] tras entrar como funcionario na administración de xustiza destinárono a Cataluña, Madrid e Ávila, ata finalmente aveciñarse en Ponferrada. Nas eleccións municipais de 2015 foi o número dous da candidatura socialista en Ponferrada e entrou no concello.[3]

Dende xaneiro de 2018 é o secretario xeral da agrupación socialista de Ponferrada.[4] Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura socialista en Ponferrada, que foi a máis votada e logo dun acordo de goberno con Podemos e Coalición por El Bierzo tomou posesión como alcalde o 15 de xuño de 2019. Logo das eleccións de maio do 2023, e por un pacto entre Partido Popular, Coalición por el Bierzo e Vox, perdeu a alcaldía e foi nomeado voceiro da oposición.

Notas editar