Olalla Tuñas

xornalista e poeta galega

Olalla Tuñas Martínez, nada en Outes en 1989, é unha xornalista e escritora galega.

Infotaula de personaOlalla Tuñas
Biografía
Nacemento1989 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Outes, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Despois de facerse con varios premios durante a adolescencia, en 2010 gañou o Certame de Poesía Francisco Añón co poemario Split screen. Durante 2012 participou en Santiago de Chile no Laboratorio de Escritura das Américas LEA do que xurdiu o libro colectivo BAR. Xa en 2013, gañou o primeiro premio do certame Xuventude Crea coa serie de poemas Cidade libre, que aparecería publicada máis tarde na revista Dorna. En 2016 textos seus apareceron na antoloxía de poesía nova No seu despregar (Apiario).

Actualmente reside en Berlín, onde traballa nunha axencia de noticias.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar