Ogadén (en amhárico, ኦጋዴን?; en somalí, Ogaadeen; en árabe, أوغادين) é o nome non oficial da Rexión etíope dos somalís, o territorio que comprende a parte oriental de Etiopía, no centro do Corno de África.

Modelo:Xeografía políticaOgadén
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 7°17′N 44°18′L / 7.28, 44.3Coordenadas: 7°17′N 44°18′L / 7.28, 44.3
Xeografía
Superficie327.068 km² Editar o valor em Wikidata

Os seus habitantes son predominante de etnia somalí e relixión musulmá.

O termo "Ogadén" ou "Ogaden" é o utilizado preferentemente polas comunidades internacionais. Ás veces foi chamada no pasado Casa de Gabriel,[1] ou Somalilandia etíope. A parte da poboación local nacionalista (que é a maioría), encadrados na Fronte Nacional de Liberación do Ogadén (FNLO), chámana Ogadenia (en somalí, Ogaadeeniya), e afirman que é unha nación distinta baixo ocupación etíope.

Xeografía editar

O territorio do Ogadén ocupa unha superficie de 279 252 km² (unha extensión que pode ser comparada coa do Ecuador), e ten fronteiras con Djibuti, Somalia e Kenya.[2] Nela encóntranse, entre outras, as cidades de Jijiga (a capital), Degahbur, Gode, Kebri Dahar, Fiq, Shilabo, Kelafo, Werder e Danan.

 
Transporte con dromedarios en Jijiga.

O Ogadén é unha meseta, cunha elevación sobre o nivel do mar que oscila entre os 1 500 m no noroeste e uns 300 m ao longo dos límites meridionais e o val do río Shebelle. As zonas con altitudes entre os 1 400 e os 1 600 m son semiáridas, recibindo de 500 a 600 mm de chuvia ao ano.[3]

Pero máis comúns son as zonas do Ogadén que reciben unha media anual de precipitacións de 350 mm ou menos. A paisaxe está formada por matogueiras densas, matos, praderías e outeiros espidos.[3]

Nos últimos aos, o Ogadén estivo sometido a un réxime de precipitacións cada vez máis errático, o que levou a unha crecente frecuencia de secas, as máis importantes, en 1984-85, 1994 e a máis recente en 1999-2000, durante a cal os pastores afirman que perderon do 70 ao 90 % do seu gando.[4]

Historia editar

 
A África Oriental Italiana coas provincias e as súas capitais. A provincia de Somalia, en verde, despois de incorporar as zonas etíopes de poboación somalí.

A rexión foi anexionada a Etiopía durante o reinado de Menelik II en 1897.

Coa creación da África Oriental Italiana, despois da Guerra de Etiopía, o Ogadén foi anexionado por Mussolini á Somalia italiana.

Co fin da segunda guerra mundial foi devolta a Etiopía en 1954, despois de 13 anos de ocupación británica.

No pasado producíronse actividades secesionistas que incluíron obxectivos políticos e militares en Etiopía e en Somalia. Ao final da década de 1970 ambas as nacións loitaron na Guerra de Ogadén polo control da rexión.[5]

Actualmente é a Fronte Nacional de Liberación do Ogadén o principal grupo separatista, que está liderado polo presidente Mohamed O. Osman.

Personalidades nadas no Ogadén editar

Notas editar

  1. Biet Gabriel ou Casa de Gabriel en Las iglesias excavadas de Lalibela; la octava maravilla de Etiopía en eldiario.es 06/07/2015 (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2017.
  2. Gebru Tareke (2000): "The Ethiopia-Somalia War of 1977 Revisited", en Board of Trustees, Boston University, The International Journal of African Historical Studies. Boston University African Studies Center, p. 636.
  3. 3,0 3,1 Ayele Gebre-Mariam (2005): The Critical Issue of Land Ownership Arquivado 03 de marzo de 2020 en Wayback Machine. Working Paper No. 2 (Bern: NCCR North-South), p. 12. (Consultada o 23 de abril de 2017).
  4. CHF International (2011): Grassroots Conflict Assessment Of the Somali Region, Ethiopia. August 2006, p. 12. (Consultada o 23 de abril de 2017).
  5. Fabiani, F. (2010).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fabiani R. (2010): Somalia 1977. La guerra dell'Ogaden e la fine della Distensione. Gans editions.
  • Lewis, I. M. (2003): A Modern History of the Somali: Nation and State in the Horn of Africa. Oxford: James Currey. ISBN 978-0-8525-5483-8.
  • Mohamud Abdi, Mohamed (2007): A History of the Ogaden (Western Somali). Struggle for Self-Determination. Londres: Lightning Source Inc. ISBN 978-0-9556-5160-1.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar