Off the Wall (álbum)
Off the Wall é o quinto álbum de estudio do artista estadounidense Michael Jackson. Foi estreado o 10 de agosto de 1979 por Epic Records, despois da actuación ben recibida pola crítica no filme O meigo. Mentres traballaba nese proxecto, Jackson e Quincy Jones fíxeronse amigos, e Jones accedeu a traballar con Jackson no seu próximo álbum. A gravación tivo lugar entre decembro de 1978 e xuño de 1979 en Allen Zentz Recording, Westlake Recording Studios e Cherokee Studios da cidade dos Ánxeles. Jackson colaborou con numerosos artistas como Paul McCartney, Stevie Wonder e Rod Temperton. Lanzáronse cinco sinxelos dese álbum, tres dos cales tiveron o seu vídeo musical. Jackson escribiu tres das cancións el mesmo, incluíndo o máis famoso "Don't Stop 'Til You Get Enough". Foi o seu primeiro lanzamento con Epic Records, o selo co que gravaría dende aquela ata a súa morte no 2009.
Off the Wall | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Michael Jackson | ||||
Gravación | decembro de 1978 – xuño de 1979 | |||
Duración | 42:16 | |||
Xénero(s) | R&B, soul, pop, disoc, funk | |||
Selo(s) | Epic | |||
Producido por | Quincy Jones, Michael Jackson (co-produtor) | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Listaxe de canciónsEditar
N.º | Título | Escritor(es) | Produtor(es) | Duración |
---|---|---|---|---|
1. | "Don't Stop 'Til You Get Enough (gravada en decembro de 1978-abril de 1979)" | Michael Jackson | Quincy Jones e Jackson (co.) | 6:04 |
2. | "Rock with You (gravada en decembro de 1978-abril de 1979)" | Rod Temperton | Jones | 3:40 |
3. | "Workin' Day and Night (gravado en decembro de 1978-abril de 1979)" | Jackson | Jones e Jackson (co.) | 5:14 |
4. | "Get on the Floor (gravada en abril-xuño de 1979)" | Jackson e Louis Johnson | Jones e Jackson (co.) | 4:39 |
5. | "Off the Wall (gravada en decembro de 1978-abril de 1979)" | Temperton | Jones | 4:05 |
6. | "Girlfriend (gravada en xuño de 1979)" | Paul McCartney | Jones | 3:05 |
7. | "She's Out of My Life (gravada en decembro de 1978- abril de 1979)" | Tom Bahler | Jones | 3:37 |
8. | "I Can't Help It (gravada en xuño de 1979)" | Stevie Wonder e Susaye Greene | Jones | 4:29 |
9. | "It's the Falling in Love (gravada en decembro de 1978)" (Patti Austin) | Carole Bayer Sager e David Foster | Jones | 3:48 |
10. | "Burn This Disco Out (gravada en xuño de 1979)" | Temperton | Jones | 3:41 |
N.º | Título | Escritor(es) | Produtor(es) | Duración |
---|---|---|---|---|
11. | "Entrevista de Quincy Jones #1" | 0:37 | ||
12. | "Introdución de Don't Stop 'Til You Get Enough Demo" | 0:13 | ||
13. | "Don't Stop 'Til You Get Enough" (Demo orixinal de 1978) | Jackson | Jackson | 4:48 |
14. | "Entrevista de Quincy Jones #2" | 0:30 | ||
15. | "Introdución de Workin' Day and Night Demo" | 0:10 | ||
16. | "Workin' Day and Night" (Demo orixinal de 1978) | Jackson | Jackson | 4:19 |
17. | "Entrevista de Quincy Jones #3" | 0:48 | ||
18. | "Entrevista de Rod Temperton" | 4:57 | ||
19. | "Entrevista de Quincy Jones #4" | 1:32 |