Odeón Shopping

centro comercial en Narón

Coordenadas: 43°29′23.36″N 8°12′11.04″O / 43.4898222, -8.2030667

Odeón Shopping ou Centro Comercial Odeón é un complexo comercial e de ocio de Narón situado no polígono da Gándara, limítrofe con Ferrol. O nome do centro é o da empresa promotora, unha empresa catalá que posteriormente, en 2008, vendeu o centro comercial ao grupo portugués Dolce Vita.

Odeón Shopping SL
Fachada Centro Comercial Odeón.jpg
CC Odeón
TipoSociedade limitada
Fundaciónnovembro de 2002
MatrizDolce Vita
LocalizaciónPolígono da Gándara
15570 Narón
FundadorOdeón
Persoas claveCristina Imaz (xerente), Ian Sandford (propietario)
IndustriaServizos
Na rede
https://ccodeon.com/
Facebook: ccodeon Instagram: ccodeon Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ten un número de visitantes de entre 4,4 e 4,6 millóns ao ano.

CaracterísticasEditar

No momento da súa inauguración en 2002 Odeón era o centro comercial máis grande de Galiza con 52.672 metros cadrados construídos e tivo no seu primeiro ano de funcionamento 5,3 millóns de visitas[1].

Odeón foi construído no polígono industrial da Gándara, nunha parcela paralela á estrada de Castelao. Esta modificación do uso do terreo e a superficie construída levou ao xulgado ao arquitecto de Narón que finalmente en marzo de 2013 foi absolto.[2]

O centro comercial tiña no seu proxecto inicial un aparcadoiro soterrado baixo del e unha soa planta. Durante a súa construción o proxecto foi ampliado e modificado engadindo outra planta xa que estaban tódolos locais previstos vendidos. A nova planta ocupouse con cines, salón de birlos e locais de hostalería. Durante a construción, o día 12 de xuño de 2002, produciuse o derrubamento de parte da estrutura ferindo a varios traballadores.[3]

Ademais de locais comerciais o centro comercial ten cines, locais de hostalería e un hotel inaugurado en 2006. En 2015 foi mercado por Patron Capital e Eurofund Capital Partners.[4] En 2018 o centro comercial foi reformado interiormente e na imaxe exterior. Inditex pechou a súa tenda de Zara en Ferrol trasladándoa a Odeón.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar