Odón Cobas García

político galego
(Redirección desde «Odón Casimiro Cobas García»)

Odón Casimiro Cobas García, nado en San Pedro de Vilanova (Vedra) o 1 de abril de 1955, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaOdón Cobas García
Biografía
Nacemento1 de abril de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
San Pedro de Vilanova, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Vedra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , topógrafo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Mestría Industrial en Santiago de Compostela, sendo topógrafo de profesión[1]. Posúe unha pequena explotación de Albariño[2]. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Vedra nas eleccións municipais de 1995, logrando 4 concelleiros e pactando un goberno coa formación independente AVIVE, polo cal asumía os dous primeiros anos de lexislatura a alcaldía o independente Pedro Guitián Rodríguez, e el os dous últimos. Desta forma, asumiu a alcaldía en xuño de 1997. Nas municipais de 1999 foi a candidatura máis votada con 6 concelleiros, a un da maioría absoluta, polo que foi reelixido alcalde e estableceu un pacto de goberno co BNG. Neste mandato foi deputado provincial. Nas municipais de 2003 foi reelixido alcalde ó lograla maioría absoluta con 7 edís. Nas municipais de 2007 revalidou a alcaldía, pero perdeu a maioría absoluta ó baixar a 6 concelleiros, gobernando en minoría.

Perdeu a alcaldía nas municipais de 2011, nas cales logrou 5 concelleiros fronte a 6 do PPdeG, polo que este asumiu a alcaldía como cabeza da lista máis votada, grazas á abstención de Terra Galega e habendo votado o BNG a favor de Cobas. Volveu a selo candidato socialista nas municipais de 2015, pero non consigueu recuperala alcaldía, dado que o PPdeG logrou a maioría absoluta. En decembro de 2015 renunciou á acta de concelleiro e retirouse da primeira liña política.


Predecesor:
Pedro Guitián Rodríguez
  
Alcalde de Vedra
 
1997 - 2011
Sucesor:
Carlos Martínez Carrillo

Notas editar

  1. Entrevista en La Voz de Galicia ed. Santiago, 27-5-2006, p. 12.
  2. Entrevista en La Voz de Galicia ed. Santiago, 27-5-2006, p. 12.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar