Observador (xeometría)

O observador é un dos elementos primarios do sistema proxectivo. Ente primitivo da proxección central, cando esta proxección é adecuada, o observador é a base dun expediente xeométrico que produce a ilusión da realidade, e que mostra obxectos no espazo nas súas posicións e tamaños correctos.

A figura ilustra o observador O, o plano de proxección e o obxecto.

Segundo o divulgador e documentalista Robert Hughes, a perspectiva cónica capta os feitos visuais e estabilízaos, transformando o observador naquel para quen converxe o mundo enteiro. [1] O observador é o vértice deste cono imaxinario. [2]

O observador puntual fixo (punto propio) deu orixe á perspectiva cónica ou esférica. Por outro lado, o observador situado no infinito (punto improprio), orixinou as perspectivas paralelas, como a perspectiva isométrica ou a perspectiva cabaleira, entre outras.[3]

Notas editar

  1. Hughes, Robert - The Shock of the New, The Mechanical Paradise, 1987, BBC.
  2. Witting, F. - Von Kunst und Christentum, Estrasburgo, 1903, vol. 8, p. 25-26.
  3. Gauthier, Yvon (2017). "From the Local Observer in QM to the Fixed-Point Observer in GR" (PDF). 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar