Obra viva
Obra viva é un libro de ensaio escrito por Antón Avilés de Taramancos, publicado en 1992 pola editorial Laiovento.
Obra viva | |
---|---|
Título orixinal | Obra viva |
Autor/a | Antón Avilés de Taramancos |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galego |
Xénero(s) | Ensaio |
Editorial | Laiovento |
Data de pub. | 1991 |
Páxinas | 218 páx. |
ISBN | 84-87847-12-9 |
A obra está constituída por unha escolma ordenada cronoloxicamente, desde 1959 até 1991, incluíndo gran cantidade de artigos escritos no xornal Barbanza (1988–1989). No libro amosa o seu pensamento político e inquedanzas.
O libro está prologado por Xosé Agrelo.
Foi traducido ao castelán en 2005 por Ana Villar Chao e publicado por Ed. Laiovento, col. Endovelia.[1]
NotasEditar
- ↑ "Obra viva". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-11.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Avilés de Taramancos, A. (1991). Laiovento, ed. Obra viva. ISBN 84-87847-12-9.