O xigante egoísta
O xigante egoísta[1] é un conto de fadas escrito polo poeta, escritor e dramaturgo británico-irlandés Oscar Wilde. Foi publicado por primeira vez n'O príncipe feliz e outros contos xunto a outros catro contos do autor en 1888.
O xigante egoísta | |
---|---|
Título orixinal | The Selfish Giant |
Autor/a | Oscar Wilde |
Ilustrador/a | Walter Crane |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Lingua inglesa |
Colección | The Happy Prince and Other Tales ("O píncipe feliz e outros contos") |
Xénero(s) | Conto de fadas, literatura infantil |
Data de pub. | Maio de 1888, |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trama
editarUn xigante ten un xardín ó que lles gusta ir xogar ós nenos, pero o xigante constrúe un muro para que non poidan pasar. Dende entón, no xardín sempre é inverno, e así segue sendo ata que os cativos atopan un oco por onde entrar. Con eles chega a primavera e o xigante decátase do seu erro ó prohibir ós nenos xogar. Axuda entón a un neno a rubir unha árbore, e este dálle un bico afectuoso. É a este neno a quen colle máis afecto; mais non o volve ver ata que, xa vello e en pleno inverno, ve o seu xardín con flores e ó neno, baixo dunha árbore branca. Cando chega xunta el, ve que ten feridas nas mans e nos pés, e furioso ó pensar que alguén lle mancara, preguntoulle:
-Quen se se atreveu a te mancar? -pois nas palmas das súas mans tiña sinais de dous pregos, ó igual que nos seus peciños.
-Quen se se atreveu a te mancar? -berrou o xigante-. Dimo para que poida coller a miña espada e matalo.
-Non -respondeu o neno-, porque estas son as feridas do amor.
-Quen es? -dixo o xigante, e un estraño medo invadiuno, facéndolle caer de xeonllos perante o pequeno.
E o neno sorriu e díxolle:
-Unha vez deixáchesme xogar no teu xardín. Agora vén comigo ó meu xardín, que é o ceo.
Notas
editar- ↑ Publicado por Vicens Vives en 2012.
Publicación
editarO xigante egoísta foi publicado por primeira vez en lingua inglesa en 1888 na colección O príncipe feliz e outros contos, que reúne cinco historias de Oscar Wilde. Foi escrito dous anos despois do nacemento do fillo do autor Vyvyan.