Coel Hen

(Redirección desde «O vello Rei Cole»)

Coel Hen ou Coel o vello (en galés: Coil) é o nome dun rei lendario das tribos celtas do norte de Inglaterra e sur de Escocia no século IV. Isto correspóndese co que os galeses chaman Yr Hen Ogledd.

Historia editar

 
Mapa do norte de Yr Hen Ogledd antes das invasións dos anglos

Coel Hen[1] era para algúns autores,[2] o derradeiro dos Duces Britanniarum con control militar no norte da Britania romana. Ao retirarse a última das lexións romanas no 407, Coel Hen mantívose como caudillo das forzas locais.[3]

O período do 410 ao 455 foi unha "Idade Escura" en Inglaterra, de anarquía tribal, guerras, fames negras e conflitos relixiosos, pese ao cal Coel Hen puido manter o reino unido. O seu territorio coñeceuse como Yr Hen Ogledd, en galés "O Vello Norte".[4]

Á súa morte, o seu reino teríase dividido entre os seus fillos ou os seus comandantes, co que gradualmente a organización tornou ás súas bases tribais históricas. Algúns deses reinos foron Gododdin, Alt Clut, Novant, Rheged, Bernicia e Elmet.

Moito tempo despois, en xenealoxías do século XII, os seus reis eran chamados Gwyr e Gogledd ("Homes do Norte")[5] e adoitaban ser considerados descendentes de Coel Hen.

Notas editar

  1. Coel podería derivar do nome latino "Coelistius" o "Coellius".
  2. Morris (1973), pp. 17-19, 230-245
  3. Esa función de caudillo, acorde á situación, percíbese mesmo nalgunhas crónicas cando Coel Hen é chamado "O Protector".
  4. Ao sur das terras dos pictos, abarcaba os territorios ancestrais dos brigantes, votadini, novantae etc.
  5. Koch (2006), p. 902

Véxase tamén editar

Bibliografía editar