Abrir o menú principal

O mercader de Venecia

obra de William Shakespeare

O mercader de Venecia[1] (en inglés: The Merchant of Venice) é unha obra de teatro do século XVI escrita por William Shakespeare. Conta a historia dun mercader de Venecia (Antonio) que debe incumprir un préstamo concedido polo xudeu Shylock. Pénsase que puido ser escrito entre 1596 e 1599. Malia que inicialmente foi clasificada como unha comedia en First Folio e comparte certos trazos coas outras comedias románticas de Shakespeare, a obra é lembrada polas súas escenas dramáticas, e é recoñecida por Shylock e o seu famoso discurso "Hath not a Jew eyes?" sobre a humanidade. Tamén salienta o discurso de Portia sobre "the quality of mercy". O crítico Harold Bloom considerouno unha das grandes comedias de Shakespeare.[2]

O mercader de Venecia
Merchant venice tp.jpg
Primeira páxina da publicación de 1600.
Título orixinalThe Merchant of Venice
Autor/aWilliam Shakespeare
OrixeInglaterra
LinguaInglés
ColecciónClásicos en galego: 4
Tema(s)Comedia pastoral
Xénero(s)Teatro
EditorialGalicia Consellería da Presidencia e Administración Pública
Data de pub.Galicia 1989
Páxinas401 páxinas
ISBN84-453-0075-X
TraduciónMiguel Pérez Romero

Foi traducido ó galego por Miguel Pérez Romero e foi publicado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública no ano 1989.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 O mercader de Venecia. Traducido por Miguel Pérez Romero (1ª ed.). Santiago de Compostela: Consellería da Presidencia e Administración Pública. 1989. ISBN 84-453-0075-X – vía BiTraGa. 
  2. Bloom, Harold, ed. (2009). William Shakespeare: Comedies. Infobase Publishing. p. 1. ISBN 1604136316. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar