O Xobre, A Pobra do Caramiñal
parroquia civil do concello da Pobra do Caramiñal
(Redirección desde «O Xobre ou O Maño, A Pobra do Caramiñal»)
Santa María do Xobre[2] ou Santa María do Maño[3][4] é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Pobra do Caramiñal. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 1.461 habitantes (692 homes e 769 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.514 habitantes.
O Xobre ou O Maño | |
---|---|
Igrexa parroquial e IES da Pobra do Caramiñal. | |
Concello | A Pobra do Caramiñal[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°35′42″N 8°55′58″O / 42.595, -8.9327 |
Poboación | 1.461 hab. (2012) |
Entidades de poboación | 23[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editar- Torre de Xunqueiras, no lugar das Xunqueiras, pazo renacentista cunha torre medieval do século XIII.
O Xobre na literatura popular
editar- Campiniño, Campiniño,/ ben te podes alabar,/ tes tres tabernas ó lado/ e bailes na sociedá [5].
- No Castelo hai boas mozas,/ no Caramiñal pardelas,/ no Maño son pequeniñas,/ no Campiño a frol delas [6]
- Os do Maño son sapiños,/ os de Palmeira forzudos,/ os de Santa Uxía tolos/ e os de Carreira son mulos [7].
- Viva O Maño, viva O Maño,/ que é terra de moito pan,/ o forno da miña sogra/ bota uvas polo vran [8].
Lugares e parroquias
editarLugares do Xobre ou O Maño
editarLugares da parroquia do Xobre no concello coruñés da Pobra do Caramiñal | |
---|---|
O Arcebispo | Os Areos | Bandaseca | Cabío | Caíños | O Campiño | A Casanova | O Castro | Cercias | A Costa | A Devesa | A Garita | A Laxe | A Lombiña | A Mirandela | O Outeiro | As Pedriñas | A Ponte | A Silva | Vilariño de Abaixo | Vilariño de Arriba | O Xobre | As Xunqueiras |
Parroquias da Pobra do Caramiñal
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2020. Consultado o 10 de agosto de 2020.
- ↑ "DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña" (PDF). DOG (59): 3644. 25-3-2003. Consultado o 9-8-2020.
- ↑ Instituto Geográfico Nacional (ed.). Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población. Entidades. Actualización 9-1-2017
- ↑ Recollida en Palmeira (Ribeira), aínda que este lugar do Campiño pertenza á parroquia estremeira do Xobre, do concello da Pobra. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: ven, tés, ô lado.
- ↑ Recollida na Pobra do Caramiñal. O Campiño é un lugar da parroquia do Maño (ou O Xobre), na Pobra, concello ó que tamén pertence a parroquia do Castelo (ou Santiago do Deán). Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 171.
- ↑ No texto: os de O Maño, Santa Euxía. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 169.
- ↑ No texto: pol-o. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 195.