O Soño (Detaille)

pintura de Édouard Detaille

O Soño (en francés: Le Rêve) é un cadro de Jean Baptiste Édouard Detaille pintado en 1888. Atópase actualmente no Museo Louvre-Lens, en préstamo do Museo de Orsay de París.[1]

O Soño
ArtistaÉdouard Detaille
Data1888
Técnicaóleo sobre lenzo
Dimensións146 cm cm × 94 cm cm
LocalizaciónMuseo de Orsay (París)

Descrición e temática editar

O Soño é unha pintura militar, especialidade da cal Édouard Detaille era un experto.[1] Representa uns soldados franceses durmidos no seu campamento. En concreto, trátanse de recrutas novos da Terceira República Francesa durante as manobras de verán, probablemente en Champaña.[1] Soñan coa gloria dos seus predecesores e toman a súa vinganza da guerra franco-prusiana de 1870.[1] Nunha alegoría patriótica, debúxanse no ceo, de xeito voluntario non separados, os soldados do Ano II e de Austerlitz (Primeira República e Primeiro Imperio), do Trocadero e da expedición de Alxer (Restauración), os batallóns de Maxenta e de Solferino (Segundo Imperio), os superviventes de Gravelotte e de Reichshoffen (guerra de 1870).

Este tipo de xénero de pintura pertence ó ambiente boulanxista da época, que amosa a nostalxia dunha Francia vitoriosa e unida, e un dos fundamentos da lenda napoleónica, xa que poñen todas as imaxes do recordo dunha afastada Francia mítica. Para o autor é unha «toma de posición política directa», amosando o seu apoio ó xeneral Georges Boulanger e unha celebración do exército.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Musée d'Orsay (ed.). "Edouard Detaille : Le Rêve". Consultado o 30 de xuño de 2016.