O Parnaso (Poussin)

pintura de Nicolas Poussin

O Parnaso (en francés: Le Parnasse), chamado tamén Apolo e as musas (en francés: Apollon et les muses), é un cadro realizado polo pintor francés do Clasicismo Nicolas Poussin. Mide 145 cm de alto e 197 cm de ancho, e está pintado ó óleo sobre lenzo. Data dos anos 1631-1633. Actualmente exhíbese no Museo do Prado de Madrid, España.

O Parnaso
ArtistaNicolas Poussin
Data1631 - 1633
TécnicaPintura ó óleo sobre lenzo
Dimensións145 cm × 197 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)

Realizou este cadro inspirado polo Parnaso de Rafael que puido ver na Sala da Signatura (Stanza della Segnatura). Crese que procedía da colección Meyers e en España é mencionado por vez primeira no inventario do palacio de La Granja de San Ildefonso no ano 1746.

Descrición

editar

Trátase dunha escena mitolóxica. No monte Parnaso atópase o deus Apolo rodeado polas musas, cada unha delas portando obxectos que permiten recoñecer a cada unha delas, e outros tantos poetas. A figura central podería ser Homero, ó que a musa Calíope coroa de loureiro.