Numismatique & Change
revista numismática francesa
Numismatique & Change (anteriormente Numismatique) foi unha revista divulgativa francesa de periodicidade mensual dedicada á numismática e ao papel moeda, creada en outubro de 1972 por René-Louis Martin e publicada ata xullo de 2016.[2][3]
Numismatique & Change | |
---|---|
País | Francia |
Lugar | Revigny-sur-Ornain. |
Lingua | Francés. |
Especialidade | Numismática |
Fundación | Outubro de 1972. |
Fundador | René-Louis Martin. |
Primeira edición | Outubro de 1972. |
Última edición | Xullo-agosto de 2016. |
Desenvolvemento | |
Editor | Martin Media. |
Circulación | |
Frecuencia | Mensual. |
Custo | 5,90 € [1] |
ISSN | 0335-1971 |
Na rede | |
http://www.numismatique-change.fr | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A revista fundouse baixo o título de Numismatique e co subtítulo de Le premier mensuel français de la monnaie ("A primeira publicación mensual francesa da moeda"), mais cambiou o seu nome a partir do número 15.[2]
Na súa derradeira etapa estaba dirixida por Arnaud Habrant e o seu xefe de redacción era Charles Hervis.[4]
O seu derradeiro número foi o de xullo-agosto de 2016.[5] Nese número, o 479, a revista anunciou a súa propia desaparición por mor da caída das vendas.[2]
Notas
editar- ↑ Prezo para Francia do n° 479 (xullo-agosto de 2016).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 C. L. e Santiago Nasar (2016). "Numismatique et Change tire la réveérence". En Numismatique & Change. No 479. xullo-agosto. Páxina 23. ISSN 0335-1971
- ↑ "Numismatique & Change Arquivado 09 de agosto de 2020 en Wayback Machine.". Infomonnaies.com
- ↑ Consonte a ficha técnica do n° 479 (xullo-agosto de 2016).
- ↑ "Magazine Numismatique et change: chronique d’une mort annoncée…". Club numismatique d'Argenteuil.