Nui
Nui | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
País | Tuvalu |
Illa principal | Fenua Tapu |
Linguas | Tuvalés e inglés |
Poboación (2002) | 548 hab. |
Superficie | 2´83 km² |
Superficie lagoa | km² |
Nº de illas | 21 |
Coordenadas | 07°13.28′S 177°9.36′L / -7.22133, -177.15600 |
Maior Altura | |
Localización | |
![]() |
Nui é un dos 9 distritos (tres deles consisten en 1 illa, e 6 son atois con varias illas) do país de Oceanía, Tuvalu. Ten unha poboación de 548 persoas (censo de 2001).
XeografíaEditar
Nui consiste en aproximadamente 21 illotes. Estes son:
- Fenua Tapu
- Meang
- Motupuakaka
- Pakantou
- Piliaieve
- Pongalei
- Talalolae
- Tokinivae
- Unimai
- E polo menos outros 12 illotes menores.
A illa máis grande, e máis ao nordés é Fenua Tapu, á cal séguenlle Meang (a máis ao oeste), Tokinivae, Pongalei, Talalolae, Pakantou, Unimai, Piliaieve e Motupuakaka. A única illa habitada é Fenua Tapu, na cal hai dúas veciñanzas.
LinguasEditar
Os habitantes de Nui falan xilbertense, o idioma de Kiribati e tuvalés, e a lingua oficial de Tuvalu, xa que os devanceiros de Nui eran orixinarios de Kiribati.
DeporteEditar
É a sede do equipo de fútbol homónimo, o Nui, que compite na A-Division de Tuvalu.