Northrop P-61 Black Widow

O Northrop P-61 Black Widow é un caza bimotor operado durante a segunda guerra mundial polas Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos. Foi o primeiro avión de combate estadounidense operativo deseñado como caza nocturno, e o primeiro avión deseñado para usar radar.[1]

Northrop P-61 Black Widow
Tipocaza nocturno
FabricanteNorthrop Corporation
Primeiro voo26 de maio de 1942
Introducido1944
Retirado1954
Principais usuariosUSAAF
USAF
Unidades construídas706
VariantesNorthrop F-15 Reporter

Chamado así pola araña norteamericana Latrodectus mactans, era un avión bimotor totalmente metálico, cun deseño de dobre cola armado con catro autocanóns Hispano M2 de 20 mm de disparo frontal na parte baixa da fuselaxe, e catro metralladoras M2 Browning de 12,7 mm nunha torreta dorsal. Desenvolvido durante a guerra, o seu primeiro voo foi o 26 de maio de 1942, e o primeiro avión de produción saíu da fábrica en outubro de 1943.

Aínda que non foi producido en grandes números como algúns dos seus contemporáneos, o Black Widow foi operado con eficacia como caza nocturno por escuadróns das Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos en case todos os teatros da segunda guerra mundial. Substituíu a anteriores deseños británicos de caza nocturna que foran actualizados para incorporar radar cando este estivo dispoñible. Tras a guerra o P-61 foi redesignado F-61 e operou coa Forza Aérea dos Estados Unidos como un interceptor todo tempo de longo alcance para o Mando de Defensa Aérea ata 1948, e a Quinta Forza Aérea ata 1950. O derradeiro avión foi retirado do servizo en 1954.

Na noite do 14 de agosto de 1945, un P-61B do 548º Escuadrón de Caza Nocturna chamado Lady in the Dark foi acreditado de xeito non oficial derradeira vitoria aliada antes do Día da Vitoria sobre Xapón.[2] O P-61 foi modificado para crear o avión de fotorrecoñecemento F-15 Reporter para a USAAF e posteriormente usado pola USAF.[3]

  1. Wilson 1998, p. 142
  2. Pape (1991)
  3. Johnson 1976, pp. 30-44