North Utah Satellite
North Utah Satellite, máis coñecido pola abreviatura Nusat ou Nusat 1, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 29 de abril de 1985 mediante o transbordador espacial Challenger desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral. O seu obxectivo principal era avaliar un método para medir os sistemas de radar secundario da Axencia Federal de Aviación.[1][3]
North Utah Satellite / NUSAT 1 | |
---|---|
NUSAT 1 | |
Tipo | Tecnolóxico |
Organización | NASA[1] |
Data de lanzamento | 29 de abril de 1985, 16:02 GMT[2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial Challenger[1][3] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral[3][5][6] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico[3][6] |
Decaemento | 15 de decembro de 1986[2] |
NSSDC ID | 1985-034B |
Masa | 52[1][3][6] |
Características
editarNusat 1 foi un proxecto conxunto entre a Universidade do Estado en Weber e a Universidade do Estado de Utah para construír un novo tipo de satélites pequenos, simples e de baixo custo. Nusat 1 foi usado como método para avaliar os feixes dos sistemas de radar secundarios da Axencia Federal de Aviación.[1][3][4][5]
O satélite tiña unha masa de 54,5 kg e foi lanzado desde a baía de carga do transbordador especial. Reentrou na atmosfera o 15 de decembro de 1986, tras 20 meses en órbita[1][2][3][6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Nusat" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "NUSAT 1" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (26 de agosto de 2014). "NUSAT 1" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 "Note verbale dated 1 October 1985 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (85-28506). 17 de outubro de 1985: 2. ST/SG/SER.E/134. Consultado o 2 de xullo de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 Claude Lafleur (2010). "Nusat" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2015.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "NUSAT" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2015.