Nora Volkow

médica estadounidense


Nora Volkow, nada o 27 de marzo de 1956, é unha psiquiatra e investigadora norteamericana de orixe mexicana cuxo traballo se centrou no estudo do cerebro das persoas adictas ás drogas.[1]

Infotaula de personaNora Volkow
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1956
Cidade de México, México
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense
EducaciónUniversidade Nacional Autónoma de México,
Actividade
Campo de traballoPsiquiatría e abuso de substancias Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédica psiquiatra e investigadora
EmpregadorNational Institute on Drug Abuse (en) Traducir, directora (2003–)
National Institute on Drug Abuse (en) Traducir
Laboratório Nacional de Brookhaven (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
21 de xaneiro de 2015World Economic Forum Annual Meeting 2015 (en) Traducir
Partnering for Patients Forum 2021 (en) Traducir
Global Conference 2022 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiEsteban Volkow
IrmánsVeronica Volkow (en) Traducir e Patricia Volkow (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm4757905 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Os seus descubrimentos axudaron a aclarar como se producen as adiccións e xogaron un papel importante no cambio da percepción pública da adicción desde unha debilidade do carácter ata unha enfermidade cerebral[2] que é tratable. É a directora do National Institute on Drug Abuse (NIDA),[3] que forma parte do National Institutes of Health (NIH).[4]

Foi a primeira representante dos NIH en visitar o Dalai Lama na súa residencia en Dharamsala, na India; durante esta visita en 2013, participou nun diálogo sobre a ciencia da adicción, como parte dunha conferencia de cinco días patrocinada polo Mind & Life Institute (Instituto Mente e Vida).[5] [6]

En 2014, foi conferenciante destacada en TEDMED, a reunión multidisciplinar anual onde líderes de todos os sectores da sociedade se reúnen para explorar a promesa da tecnoloxía e o potencial para o logro humano en saúde e medicina. A súa conferencia centrouse nos paralelismos entre a alimentación compulsiva e a adicción ás drogas.[7]

Nora Volkow é de ascendencia rusa e ucraína e é a bisneta do líder revolucionario ruso Lev Trotski. É filla de Esteban Volkow e neta de Zinaida Volkova, filla de Trosky.[8]

Notas editar

  1. "Biografía de la Dra. Nora Volkow" (en castelán). 
  2. "Entre Científicas Dra. Nora Volkow" (en castelán). 
  3. "Director's Page". drugabuse.gov ; about-nida (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2017. 
  4. "Institutes, Centers & Offices" (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2017. 
  5. "Talking to the Dalai Lama about Addiction Science" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2017. Consultado o 10 de xullo de 2017. 
  6. "Mind and Life XXVII - Craving, Desire and Addiction" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2017. 
  7. "Nora Volkow, Why do our brains get addicted?" (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2017. 
  8. Gugliotta, Guy (2003-08-21). "Revolutionary Thinker". Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2023-03-05.