Nomenclatura binomial

(Redirección desde «Nomenclatura científica»)

En bioloxía, a nomenclatura binominal (tamén chamada nomenclatura binaria ) é un convenio estándar empregado para denominar as diferentes especies de organismos (vivos ou xa extintos). Ás veces faise referencia á nomenclatura binominal como Sistema de clasificación binominal.

Como suxire a palabra binominal, o "nome científico" asignado a unha especie está formado pola combinación de dúas palabras ("nomes" —substantivos e adxectivos— en latín ou de raíz grecolatina): o nome do xénero e o nome específico. O conxunto de ambos é o nome científico que permite identificar a cada especie como se tivera "nome e apelido".

A nomenclatura binominal é unha norma puntual que se aplica á denominación dos taxons específicos, pero representa só un dos estándares da nomenclatura biolóxica, que se ocupa tamén da denominación formal (científica) de taxons doutras categorías.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar