Noia FS

(Redirixido desde "Noia Fútbol Sala")

O Noia Fútbol Sala, coñecido como Noia Portus Apostolis, é un equipo de fútbol sala da localidade de Noia, na provincia da Coruña. Fundado en 2008, actualmente xoga na Segunda División da Liga nacional de fútbol sala.

Noia Portus Apostolis FS
NomeClub Noia Fútbol Sala
Fundación2008
EstadioPavillón Municipal de Noia,
Noia, Galicia Galicia
Capacidade600
PresidenteGalicia Severino Barreiro
AdestradorGalicia Julio Mougán
LigaSegunda División
2018/1910º
Páxina webPáxina web

HistoriaEditar

O equipo fundouse en 2008[1] e comezou a xogar na terceira categoría, chamada entón 1ª Nacional A. Xogou nesa categoría durante 9 tempadas consecutivas, as últimas baixo a denominación de Segunda B.

Na tempada 2016/17, o equipo proclámase campión do grupo 1 da Segunda División B. Caeu eliminado na promoción de ascenso contra o Cerro Reyes.[2] Non entanto, dous equipos perderon a súa praza na Segunda División por non cumplir os requisitos da categoría: o Jumilla e o propio Cerro Reyes.[2] Finalmente, o Noia ocupou unha desas prazas.[3]

Datos do clubEditar

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 3
  • Tempadas en 2ªB: 9

Últimas tempadasEditar

Tempada Categoría Posto
2008/09 1ª Nacional A 12º
2009/10 1ª Nacional A
2010/11 1ª Nacional A
2011/12 2ª División B
2012/13 2ª División B
2013/14 2ª División B
2014/15 2ª División B
2015/16 2ª División B
2016/17 2ª División B
2017/18 2ª División 14º
2018/19 2ª División 10º
2019/20 2ª División

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar