Noelia Rivadas López
logopeda e política galega
Noelia Rivadas López, nada en Ordes en 1996, é unha logopeda e política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1996 (27/28 anos) Ordes, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | logopeda , política |
Traxectoria editar
Graduouse en Logopedia pola Universidade da Coruña, con premio fin de grao,[1] o premio de excelencia académica e o premio fin de carreira pola Xunta de Galicia.[2] Traballa na Federación Galega de Dano Cerebral como logopeda tanto en servizos de atención temperá como de dano cerebral adquirido.[3]
Nas eleccións municipais de 2019 foi no número 4 nas listas do PSdeG-PSOE no concello de Ordes, e nas eleccións municipais de 2023 foi no número 2 e saíu elixida concelleira. Forma parte da executiva local do seu partido como secretaria de educación, sanidade e política social.
Notas editar
- ↑ "Premios extraordinarios de grao correspondentes ao curso académico 2018/2019". Universidade da Coruña.
- ↑ Consellería de Cultura, Educación e Universidade (19 de xaneiro de 2021). "ORDE do 23 de decembro de 2020 pola que se resolve a concesión dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2019 nas universidades do Sistema universitario de Galicia". Diario Oficial de Galicia.
- ↑ "Equipo técnico". Federación Galega de Dano Cerebral.