Coordenadas: 15°36′15″S 175°38′22″O / -15.604194444444, -175.63930555556

Niuafo'ou
Vista da illa
Vista de Niuafo'ou desde satélite
Datos
Capital
País Tonga
Localización Océano Pacífico
Arquipélago
Linguas niuafo'ou (minorizada) e tongano
Poboación (1996) 735 hab.
Superficie 15 km²
Densidade
Maior altura 250 m
Localización
Localización

Niuafo'ou é a illa máis setentrional do reino de Tonga, no grupo Niuas. Situada a 337 km ao noroeste de Mayorga e a 640 km ao norte da illa de Tongatapu, é a illa máis remota de Tonga, de feito atópase máis preto de Samoa e Fidxi.

Xeografía editar

A illa é unha caldeira volcánica co bordo por encima dos 120 metros de alto, e cunha altitude máxima de 250 metros en Mokotu. O litoral é rochoso e costeiro con poucas praias e sen un lugar cómodo para desembarcar.

A caldeira forma un anel de 8 km de diámetro que envolve dous lagos. O máis grande, Vai Lahi, é o lago do cráter de 4 km de ancho, 23 metros por encima do nivel do mar e 84 m de profundidade. Vai Lahi está separado do lago Vai Mata'aho, máis pequeno, por unha paisaxe desoladora de bancos de area. O fondo do lago atópase a 60 °C.

O volcán está activo con oito erupcións rexistradas no século XX. Ademais, atópase na rexión dos ciclóns. Actualmente Niuafo'ou está habitada, cunha poboación de 735 habitantes segundo o censo de 1996.

Historia editar

Os holandeses Le Maire e Schouten foron os primeiros occidentais en chegar á illa en 1616, e como precisaban con urxencia auga e víveres, chamárona Goede Hoop, Boa Esperanza, pero se atoparon cun litoral de roca negra inaccesible e só conseguiron intercambiar catro peixes.

O volcán estivo activo durante moitos anos. No século XIX rexistráronse erupcións nos anos 1814, 1853, 1867, 1886 e 1887. A erupción de 1853 destruíu o pobo de 'Ahau, matando 25 persoas. A láva das erupcións de 1912 e de 1929 destruíu a vila de Futu, inutilizando o único porto, e queimando toda a vexetación da parte occidental da illa. Outras erupcións ocorreron nos anos 1935, 1936, 1943 e 1946. A erupción de 1946 resultou especialmente violenta e en decembro de 1946, os 1.300 habitantes de da illa foron evacuados e reinstalados na illa de 'Eua. Non foi ata 1958 cando se permitiu retornar aos primeiros grupos de habitantes, pero o ano seguinte volvía entrar en erupción. A última é de 1985.

Niuafo'ou foi tamén coñecida como Tin Can Island, 'illa do Pote de Lata'. Como non ten nin un porto natural nin un embarcadoiro, usábase un método pouco convencional para as comunicacións postais: o correo en lata. O correo selábase nunha lata de galletas e lanzábase pola borda desde os barcos de paso. Despois os nadadores recuperábano. O correo en lata funcionou desde finais do século XIX ata 1931, cando unha quenlla matou a un empregado de correos.