Niso Rodríguez Hernández

funcionario, fotógrafo e pintor galego


Niso Rodríguez Hernández, nado en Melide no ano 1905 e finado na Coruña en 1965, foi un secretario xudicial, fotógrafo e pintor galego.

Infotaula de personaNiso Rodríguez Hernández
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte1965 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Melide, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario , fotógrafo , pintor Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Amador Rodríguez Rodríguez e Inés Hernández, da familia da casa de Traspedra, en San Cosme de Abeancos. Traballou como secretario xudicial en Canarias e Fene. Colaborador co grupo galeguista ORGA.

Niso foi un artista heráldico autor dos debuxos dos escudos no traballo de Antonio Taboada Roca para Terra de Melide do Seminario de Estudos Galegos (1933). En 1934 estaba colaborando no volume Terra do Deza, que quedou sen rematar por mor da guerra civil. Debuxou tamén o escudo a cor da casa familiar de Traspedra[1], coñecida como casa da Esquina do Cruce, logo de Ricardo Fernández.

Dono dunha cámara fotográfica, compuxo un arquivo fotográfico en Melide, pero botouse a perder por mor da humidade.

Vida persoal editar

Casou con Julia Díez Buendía e foron pais de Amador e Fernando Rodríguez Díez.

Recoñecementos editar

Unha rúa de Melide leva o seu nome.

Notas editar

  1. Broz Rei, Xosé Manuel (2023). "Niso Rodríguez Hernández". Boletín do Centro de Estudios Melidenses (Museo da Terra de Melide) (36): 92.