Abrir o menú principal

Nina Epton

produtora de radio e escritora inglesa


Nina Consuelo Epton, nada en Hampstead en 1913 e finada en Seaford (East Sussex) o 29 de outubro de 2010,[1] foi unha produtora de radio británica, personalidade da radio e escritora das súas viaxes, particularmente activa na década de 1950 e 1960. Viaxou soa a través de España, o Norte de África, e Indonesia. Na década de 1970 publicou unha serie de traballos históricos sobre a realeza, dous libros sobre gatos e unha novela baseada na vida de Jane Digby.

Nina Epton
Nacemento1913
 Hampstead
Falecemento29 de outubro de 2010
 Seaford
Alma máterUniversidade de París
Ocupaciónescritora
Coñecido/a porUvas e granito (Unha viaxe por Galicia)
editar datos en Wikidata ]

O seu maior éxito comercial foi unha serie de libros literarios, históricos e sociolóxicos sobre relacións amorosas: Love and the French (1959), Love and the English (1960), Love and the Spanish (1961). Foron traducidas ao francés, alemán e español en varias combinacións. Os tres foron reimpresos por Penguin Books en 1964–1965.

TraxectoriaEditar

Era filla dun pai escocés e unha nai española. Foi educada en parte en Inglaterra e en parte en Francia, graduada pola Universidade de París, e viaxou amplamente.[2]

CarreiraEditar

Durante a década de 1950 foi a produtora do departamento franco-canadense da BBC,[3] cunha responsabilidade especial polas colaboracións da BBC ao noticiario en lingua francesa Revue de l'actualité da Canadian Broadcasting Corporation.[4][5] Entre 1953 e 1969 foi colaboradora esporádica do BBC Home Service e do BBC Light Programme como presentadora, entrevistadora e compañeira de faladoiro.[6]

Como escritora de viaxes foi considerada unha novidade a principios dos anos cincuenta como unha muller de boa aparencia que viaxaba soa e que se comprometeu con profundidade e criticamente coas condicións locais.[2]

Nina Epton morreu o 29 de outubro de 2010, o seu último enderezo foi en Vale Road, no número 58, Seaford, East Sussex.[1]

PublicaciónsEditar

ArtigosEditar

LibrosEditar

  • Journey under the Crescent Moon (London: V. Gollancz, 1949).[7]
  • Oasis Kingdom: The Libyan Story (London: Jarrolds, 1952).[8]
  • Islands of the Sunbird: Travels in Indonesia (London and New York: Jarrolds, 1954).[9][10]
  • The Islands of Indonesia, 4 volumes (London: Pitman, 1955)
  • The Valley of Pyrene (London: Cassell, 1955).[11]
  • Uvas e granito (Grapes and Granite, London: Cassell, 1956)[12][13].
  • The Palace and the Jungle (London: Oldbourne Press, 1957)
  • Navarre: The Flea between Two Monkeys (London: Cassell, 1957)
  • The Golden Sword: Being the dramatized story of Sir Thomas Stamford Raffles, 1781–1826 (London: Oldbourne, 1957)
  • Saints and Sorcerers: A Moroccan Journey (London: Cassell, 1958).[14]
  • Love and the French (London: Cassell, 1959)[15][16]
  • Love and the English (London: Cassell, 1960)[17]
  • Love and the Spanish (London, 1961)[18]
  • Milord and Milady (London: Oldbourne, 1962)
  • Seaweed for Breakfast: A Picture of Japanese Life Today (London: Cassell, 1963)
  • Madrid (London: Cassell, 1964)
  • Spain's Magic Coast, from the Miño to the Bidassoa: A personal guidebook (London: Weidenfeld & Nicolson, 1966)[19]
  • Stewart Wavell, Audrey Butt, Nina Epton, Trances (London: Allen & Unwin, 1966)
  • Spanish Fiestas: including romerías, excluding bull-fights (London: Cassell, 1968)
  • Andalusia (London: Weidenfeld & Nicolson, 1968)
  • Victoria and Her Daughters (London: Weidenfeld and Nicolson, 1971).[20]
  • The Spanish Mousetrap: Napoleon and the Court of Spain (London: Macdonald e Co, 1973)
  • Cat Manners and Mysteries (London: Michael Joseph, 1973)
  • The Burning Heart: A novel based on the life of Jane Digby, Lady Ellenborough (London: Macdonald and Jane's, 1974)
  • Magic and Mystics of Java (London: Octagon Press, 1974)
  • Josephine: The Empress and Her Children (London: Weidenfeld e Nicolson, 1975)
  • Dora Bell's Village Cats (London: Joseph, 1977)

Teatro radiofónicoEditar

  • O Santo Grial, emitido pola BBC no Home Service o 1 de xaneiro de 1961, publicado en Grial nº 3 (1964) en tradución de Ramón Lugrís.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Nina Consuelo Epton (Deceased)" (PDF). Eastbourne Herald (en inglés). 23 de febrero de 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "A Pretty Explorer Will Set Off Again", Sunday Herald (Sydney), 5 de xullo de 1953.
  3. "Woman Has a Wanderlust and Writes", The West Australian (Perth), 4 de setembro de 1953.
  4. "Marconi Type AX Microphone". www.coutant.org. Consultado o 2019-02-03. 
  5. Pierre Pagé, Histoire de la radio au Québec (Quebec, 2007), p. 113.
  6. "Search Results - BBC Genome". genome.ch.bbc.co.uk. Consultado o 2019-02-03. 
  7. Review in The Advertiser (Adelaide), 1 de outubro de 1949.
  8. Reviewed by Henry L. Roberts en Foreign Affairs, outubro de 1954.
  9. Review in The News (Adelaide), 11 de xuño de 1954.
  10. Reviewed in The Sydney Morning Herald, 10 de xullo de 1954.
  11. Review by Isabel Quigly, en The Tablet, 30 de abril de 1955.
  12. An appreciation by S. G. Rial, "Nina Epton, la escritora inglesa que descubrió la Costa da Morte", La Voz de Galicia, 30 de outubro de 2011.
  13. Review by Isabel Quigly, en The Tablet, 21 de xullo de 1956.
  14. Review by R. C. Soriven en The Tablet, 4 de outubro de 1958.
  15. Reviewed in Kirkus Reviews, 14 de febreiro de 1959.
  16. "Love and the French [Texte imprimé] / Nina Epton - Sudoc". www.sudoc.fr (en francés). Consultado o 7 de xullo de 2018. 
  17. Review of the 1965 Penguin editions of Love and the French, English, Spanish, by Alan Fitzgerald in The Canberra Times, 19 de xuño de 1965.
  18. "Love and the Spanish [Texte imprimé] / by Nina Epton - Sudoc". www.sudoc.fr (en francés). Consultado o 7 de xullo de 2018. 
  19. Cited in David Henn, Old Spain and New Spain: The Travel Narratives of Camilo José Cela (Cranbury NJ, 2004), pp. 97, 174.
  20. Review by Paul Foster OP en The Tablet, 16 de outubro de 1971.

Véxase taménEditar