Nilapsini (Nilapšini) foi unha cidade de Mitanni, ao sueste de Washukanni, onde o exército hitita que representaba a Kili-Teshub, avistou un continxente asirio (os asirios eran os protectores de Shuttarna III). Os asirios non presentaron batalla e crese que se retiraron debido á súa inferioridade (tiñan un só carro de combate). Desde alí Piyasilis I de Karkemish e Kili-Teshub marcharon contra a capital de Shuttarna, Taite.