Nikolai Budarin

Cosmonauta ruso

Nikolai Mikhailovich Budarin é un astronauta ruso retirado que participou nas misións STS-71, Soiuz TM-27, STS-113, Soiuz TMA-1 e Soiuz TMA-21. Pasou un total de 444,06 días no espazo.[1][2]

Nikolai Budarin
Datos persoais
Nacemento29 de abril de 1953
LugarKiria
NacionalidadeRuso
Actividade
MisiónsSTS-71, Soiuz TM-27, STS-113, Expedição 6, Soiuz TMA-1 e Soiuz TM-21
Tempo no espazo444,06 días
PremiosHéroe da Federación Rusa, Order "For Merit to the Fatherland", 2nd class, Orde por Servizos á Patria de terceiro grao, Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo", Piloto-Cosmonauta da Federación Rusa, Orde da Patria, Medalla de Voo Espacial da NASA, Medalla de Voo Espacial da NASA e Medalla de Voo Espacial da NASA
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Budarin naceu o 29 de abril de 1953 en Kirya (República dos Chuvaxos). É graduado en enxeñaría mecánica polo Instituto de Aviación S. Ordzhonikidze de Moscova en 1979. Está casado con Marina Lvovna Budarina e ten dous fillos.[1][2]

En 1976 comezou a ocupar os postos de enxeñeiro e enxeñeiro xefe en RSC Energia. Foi seleccionado en 1989 como candidato a cosmonauta e en xaneiro de 1991 pasou a ser cosmonauta de probas. Formou parte da tripulación das misións STS-71, Soiuz TM-27, STS-113, Soiuz TMA-1 e Soiuz TMA-21.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "NIKOLAI MIKHAILOVICH BUDARIN TEST COSMONAUT OF THE RSC ENERGIA" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2017. Consultado o 24 de agosto de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Budarin, Nikolai Mikhailovich" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar