Nico Rodríguez

deportista galego

Nicolás Rodríguez García-Paz, nado en Vigo o 30 de abril de 1991, é un deportista galego que compite en vela, na clase 470.[1]

Infotaula de personaNico Rodríguez
Biografía
Nacemento(es) Nicolás Rodríguez García-Paz Editar o valor em Wikidata
30 de abril de 1991 (32 anos)
Vigo
Datos persoais
País de nacionalidadeGalicia Galicia
Actividade
Ocupaciónregatista Editar o valor em Wikidata
DeporteVela
Participou en
Vela nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - 470 masculino (pt) Traducir (3º) Editar o valor em Wikidata
Premios

Gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, tres medallas no Campionato Mundial de 470 entre 2018 e 2021 e outras tres no Campionato Europeo de 470 entre 2017 e 2021.

Traxectoria editar

Neto dun comandante da Mariña, comezou a practicar vela aos 8 anos, no Real Club Náutico de Vigo.[2] Gañou títulos galegos en Optimist e foi dúas veces campión de España de 420,[3] pasando logo á vela olímpica, primeiro na clase 49er e logo na 470.

En 2013 comezou a competir con Nahuel Rodríguez en 470, pero pouco despois deixou o deporte e emigrou aos Países Baixos para exercer como odontólogo, carreira que estudou na Universidade de Santiago de Compostela.[3][4] En 2016, o regatista catalán Jordi Xammar, que viña de competir nos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro, chamouno para ofrecerlle preparar xuntos o seguinte ciclo olímpico.[3][5]

Xunto a Xammar, foi en 2018 medalla de bronce no Campionato Mundial de 470.[6] En 2019 foi subcampión do mundo e en 2021 volveu ser medalla de bronce.[7][8] En 2017 gañou a medalla de bronce no Campionato de Europa, en 2019 a prata e en 2021 de novo a prata.[9][10][11]

Participou con Xammar nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, na clase 470. Gañaron dúas das regatas e remataron na terceira posición, conseguindo a medalla de bronce por detŕas da embarcación australiana e da sueca.[12] Converteuse así no quinto regatista galego cunha medalla olímpica, despois de que o conseguisen antes Antón Paz, Fernando Echávarri, Támara Echegoyen e Sofía Toro.

Palmarés internacional editar

470
Xogos Olímpicos
Ano Lugar Medalla Clase
2021   Toquio   Bronce 470
Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Clase
2018   Aarhus   Bronce 470
2019   Enoshima   Prata 470
2021   Vilamoura   Bronce 470
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Clase
2017   Mónaco   Bronce 470
2019   San Remo   Prata 470
2021   Vilamoura   Prata 470

Notas editar

  1. "Tokio a la vista". Faro de Vigo (en castelán). 30 de decembro de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  2. "Nico Rodríguez: Tras esa llamada, si me veo subido a un podio olímpico me tiro por la ventana". El Correo Gallego (en castelán). 11 de agosto de 2019. Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Davila, Juan (23 de maio de 2018). "Un vigués navega hacia Tokyo" (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  4. "Nico Rodríguez: «He sacrificado muchas cosas para llegar hasta aquí»". ABC (en castelán). 2 de maio de 2020. Consultado o 24 de xullo de 2021. 
  5. "Nico Rodríguez: "A día de hoy, el objetivo es el oro olímpico en Tokio"" (en castelán). 17 de maio de 2021. Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  6. "Mas-Cantero, plata en el 470 femenino, y Xammar-Rodríguez, bronce en masculino". Marca (en castelán). 9 de agosto de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  7. "Jordi Xammar y Nicolás Rodríguez, Plata en el Campeonato del Mundo de 470". ABC (en castelán). 9 de agosto de 2019. Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  8. Bernad Suelves, Marc (13 de marzo de 2021). "Xammar y Rodríguez logran el bronce en el Mundial de 470". As (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2021. Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  9. "Jordi Xammar y Nico Rodríguez, bronce en el Campeonato de Europa de 470". ABC (en castelán). 13 de maio de 2017. Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  10. Pomar, Luis (14 de maio de 2019). "Jordi Xammar y Nicolás Rodríguez, plata en el Campeonato de Europa de 470". ABC (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  11. Bernad Suelves (7 de maio de 2021). "Xammar y Rodríguez no fallan y se cuelgan la medalla de plata". As (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2021. Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  12. "Terceira medalla para Galicia: o vigués Nico Rodríguez, bronce na clase 470 de vela". CRTVG. 4 de agosto de 2021. Consultado o 4 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar