Nicholas Berg
emprendedor estadounidense
Nicholas Evan Berg, nado en 1978 e finado en 2004, foi un home de negocios norteamericano na procura de negocios de telecomunicación en Iraq durante a ocupación norteamericana.
Nicholas Berg | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1978 |
Lugar de nacemento | Filadelfia |
Falecemento | 7 de maio de 2004 |
Lugar de falecemento | Iraq |
Causa | decapitación |
Soterrado | Pensilvania |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade Cornell, Universidade Drexel e West Chester Henderson High School |
Ocupación | emprendedor |
Pai | Michael Berg |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi secuestrado en maio de 2004, presuntamente por militantes islamistas. Decapitado polos seus captores, a súa foi a primeira dunha serie de asesintaos de estranxeiros en Iraq e recibiu atención internacional por ser filmado e pola súa emisión a través de internet. Os seus asasinos afirmaron que súa morte era consecuencia dos abusos sobre os prisioneiros no presidio de Abu Ghraib por parte de militares norteamericanos. A acción condenárona a maioría dos líderes islámicos como contrario á lei islámica. O pai de Berg culpou a George W. Bush da morte do seu fillo.