Nicéforo Calisto

(Redirección desde «Nicéforo Calisto Xantópulo»)

Nicéforo Calisto Xantópulos (en latín Nicephorus Callistus Xanthopulus, en grego Νικηφόρος Κάλλιστος Ξανθόπουλος) foi un escritor bizantino autor dunha importante historia eclesiástica.

Infotaula de personaNicéforo Calisto
Biografía
Nacemento1256 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Morte1335 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador da igrexa , historiador , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século XIV Editar o valor em Wikidata)
LinguaGrego medieval (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu a finais do século XIII e morreu sobre o ano 1350. Comezou a escribir a súa principal obra cando tiña 35 anos e dedicouna a Andrónico II Paleólogo (que morreu en 1332). É coñecido simplemente como Calisto (Callistus) ou como Nicéforo Calisto.

Obras editar

As súas obras son:

  • Historia Ecclesiastica, en 23 libros (8 consérvanse e hai resumos de 5 máis).
  • Σύνταγμα, de Templo et Miraculis S. Mariae ad Fonteri.
  • Catalogus imperatorum Constantinopolitanorum, Versibus iambicis.
  • Catalogus Patriarchorum Constantinop.
  • Catalogus Libror. Geneseos, Exodi, Levitici, Numerorum et Deuteronomici.
  • Catalogus SS. Patrum Ecclesiae.
  • Catalogus brevis Hymnographorum Ecclesiae Graecae.
  • Menologitus Sanctorum.
  • Excidium Hierosolymitanum
  • Himnos, sermóns, homilías e epístolas.