Nguyễn Tấn Dũng

Nguyễn Tấn Dũng, nado en Cà Mau o 17 de novembro de 1949, é un antigo militar e político vietnamita, primeiro ministro do seu país desde o 27 de xuño de 2006[1][2] .

Nguyễn Tấn Dũng
Nacemento17 de novembro de 1949
Lugar de nacementoCà Mau
NacionalidadeVietnam
EtniaPobo vietnamita
Ocupaciónpolítico e militar
FillosNguyễn Thanh Nghị
PremiosOrde de José Martí
Na rede
http://nguyentandung.chinhphu.vn
editar datos en Wikidata ]
Nguyễn Tấn Dũng (2014)

Traxectoria editar

Naceu no sur de Vietnam, uniuse ao Vietcong con doce anos, realizando tarefas de enlace de comunicacións. Entrou no exército en 1961, ferido catro veces durante a Guerra de Vietnam. Estudou na escola do partido Nguyen Ai Quoc,[3] admitíndoo o Partido Comunista de Vietnam como militante o 10 de xuño de 1967, co grao de tenente foi comisario político xefe do batallón de infantaría 207 e xa como capitán xefe político do Rexemento de Infantaría 152. Ascendido a maior dirixiu a oficina de persoal do comando militar da provincia de Ken Gian.[4]

Carreira política editar

Protexido tanto polo conservador Lê Đức Anh como polo reformista Võ Văn Kiệt, converteuse no membro máis novo do Politburó en 1996.[5] Serviu como viceprimeiro ministro desde o 29 de setembro de 1997 ata o 27 de xuño de 2006 e foi tamén gobernador do Banco Estatal de Vietnam entre 1998 e 1999.

Notas editar

  1. Vietnam: Foreign Policy and Government Guide International Business Publications, USA. – 2007 Page 8 "Vietnamese Government Communist state – general secretary Nông Ðức Mạnh – President Nguyễn Minh Triết – Prime Minister Nguyễn Tấn Dũng "
  2. Bruce M. Lockhart, William J. Duiker The A to Z of Vietnam, 2010, p.274
  3. Lao Voices (ed.). "Biography of H.E. Mr. Nguyen Tan Dung". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2013. Consultado o 11 de abril de 2012. 
  4. "Nguyen Tan Dung re-elected Prime Minister". en.nhandan.vn (en inglés). Consultado o 2022-02-20. 
  5. "Vietnam's Search for Stability". The Diplomat. 25 de outubro de 2012. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.