A News Corporation (NASDAQ: NWSA, ASX: NWS, NWSLV), moitas veces abreviado como News Corp, foi un grupo de comunicación social norteamericano. No ano 2011, era o segundo meirande grupo de medios de comunicación, e o terceiro maior no sector de entretemento en 2009.

News Corporation
Logo da compañía

Sede de News Corporation.
TipoPública
Fundación1979
Adelaide, Australia[1][2]
LocalizaciónNova York, Estados Unidos de América Estados Unidos
FundadorRupert Murdoch
Persoas claveRupert Murdoch (Chairman e CEO)
Chase Carey (Presidente e COO)
IndustriaMedios de comunicación
ProdutosTelevisión por cable, entretemento filmado, televisión, televisión por satélite e editorial
BeneficioUS$ 33,706 billóns (2012)[3]
Beneficio operativoUS$ 2,212 billóns (2012)[3]
Beneficio netoUS$ 1,179 billion (2012)[3]
Número de empregados47 650 (2012)[3]
Na rede
http://www.newscorp.com
editar datos en Wikidata ]

É o segundo maior conglomerado de comunicación do mundo, só por detrás de Walt Disney Company e seguida por Time Warner. O seu CEO é Rupert Murdoch, que fundou a News Corp en 1979, en Australia.

A News Corporation é unha empresa de capital aberto alistada na Bolsa de Valores de Nova York, con anuncios no Australian Securities Exchange e a Bolsa de Valores de Londres. Anteriormente incorporada en Australia, a empresa foi reincorporado logo de que a maioría dos accionistas aprobasen a medida o 12 de novembro de 2004.

En 28 de xuño de 2012, Rupert Murdoch anunciou que, en resposta ás preocupacións dos accionistas en relación a recentes escándalos (envolvendo o tabloide News of the World, propiedade do grupo), os activos da News Corporation serían divididos en dúas empresas de capital aberto: unha para medios de comunicación, e a outra para a área editorial. A división foi formalizada o 28 de xuño de 2013, cando a News Corp. foi renomeada 21st Century Fox, agrupando principalmente os medios de comunicación, mentres unha nova News Corp foi formada para asumir a área editorial e os activos da área de radiodifusión australiana.

  1. BBC News, ed. (26 de outubro de 2004). "News Corp investors agree US move". Consultado o 27 de marzo de 2010. 
  2. Fabrikant, Geraldine (7 de abril de 2004). The New York Times, ed. "Market Place; News Corp. Plans to Follow Its Chief to the United States". Consultado o 27 de marzo de 2010. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Google (ed.). "Financial Statements for News Corporation – Google Finance". Google.com. Consultado o 11 de xullo de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar