Nevo
Nevo[1] (plural nevos, do latín nævus, plural nevi) é o termo médico que describe unha lesión na pel popularmente coñecida como mancha, pinta ou sinal.

En latín, o termo nævus significa marca de nacenza. No entanto, en Dermatoloxía, o termo nevo é usado tanto para manchas conxénitas (observadas no momento do nacemento) canto para manchas adquiridas (observadas após o nacemento).
Os nevos son sempre benignos. Non obstante, cerca de 1/3 dos melanomas (un tipo de cancro de pel) son orixinarios dun nevo preexistente.[2]
Clasificación
editarNevos melanocíticos
editarÉ común usar o termo nevo como sinónimo de nevo melanocítico que é formado por melanocitos.[3]
- Nevo melanocítico conxénito: é o nevo melanocítico presente no nacemento ou as primeiras semanas após o nacemento.
- Nevo melanocítico adquirido: é o nevo melanocítico xorde após algúns meses de vida.
- Nevo displástico: é o nevo melanocítico adquirido que posúe formacións anormais semellantes ás encontradas no melanoma.
Nevos vasculares
editarNotas
editar- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2021-01-25.[Ligazón morta]
- ↑ Sam, Amir H. (2010). Rapid Medicine. ISBN 1405183233.
- ↑ Schofield, Jill R. (2000). What you really need to know about moles and melanoma. ISBN 9780801863943.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nevo |