Abrir o menú principal

A neutralidade de xéneros, dende o punto de vista lingüístico e gramatical, é unha vertente recente das demandas por maior igualdade entre homes e mulleres.

Masculino e femininoEditar

En galego, o xénero feminino é xeralmente marcado pola letra -a: ciruxián, ciruxiá; avogada, avogado; o doutor, a doutora.

Porén, en galego, así como outras linguas románicas, o plural dos substantivos, cando abrangue tanto individuos do xénero feminino como do xénero masculino, faise en base ó masculino: "vinte profesoras" e "dez profesores", xuntos, son "trinta profesores"; unha sala de clase con trinta e nove alumnas e un único alumno terá no total "corenta alumnos". Esa formación do plural é considerada sexista por certos grupos e individuos, polo que xurdiron propostas para un xénero plural neutro en galego.

Propostas para neutralidade na ortografiaEditar

A proposta máis coñecida para neutralidade de xéneros en relación á ortografía é o uso do símbolo "arroba" (@) no canto de -o, -a ou mesmo -e: @s @trabalhador@s.

Outra proposta é a de o emprego do "a anarquista" (Ⓐ), usado da mesma forma que @ en substitución a "a/o", sobre todo en textos políticos radicais: (CompañeirⒶs, hai que ocupar e resistir, até a vitoria!). Tamén se observa, con esa mesma función, o emprego da da letra "x" (por exemplo, en certos manifestos do Movemento Zapatista mexicano").

Historicamente, a barra (/) foi o símbolo máis empregado con esa función, como en demandante/a. Porén, mantén a marca de separación entre os dous xéneros.