A neurofisina I é unha proteína carrexadora cun tamaño de 10 kDa que contén de 90 a 97 aminoácido. ë un produto da clivaxe (corte dunha molécula máis longa) da preprooxifisina.[1] O outro produto de clivaxe desa molécula é a hormona oxitocina. A neurofisina I transpórtase en vesículas unida á oxitocina, ao longo dos axóns, desde as neuronas magnocelulares do hipotálamo ata o lobo posterior da hipófise (neurohipófise). Aínda que se almacena en gránulos neurosecretores xunto coa oxitocina e se libera xunto con ela, a súa acción biolóxica non está clara.

Función editar

A neurofisina I é unha proteína carrexadora de oxitocina. Prodúcese nos corpos celulares dos núcleos paraventricular e supraóptico e é transportada ao seu sitio de liberación nos terminais axónicos da hipófise posterior. As neuronas produtoras de neurofisina I son máis abundantes nos núcleos paraventriculares, mentres que as produtoras de neurofisina II o son nos núcleos supraópticos.[2] A vasopresina, unha hormona de estrutura similar á oxitocina, únese de forma análoga e é transportada pola neurofisina II. Ambas as hormonas teñen unha lonxitude de nove residuos e comparten oito deles. A oxitocina posúe unha Ile-3, mentres que a vasopresina posúe unha Phe-3. Tanto a Ile coma a Phe son aminoácidos hidrófobos e sofren unha unión análoga ás neurofisinas.

Estrutura editar

A secuencia de aminácidos da neurofisina I é:

NH2 - Ala - Ala - Pro - Asp - Leu - Asp - Val - Arg - Lys - Cys - Leu - Pro - Cys - Gly - Pro - Gly - Gly - Lys - Gly - Arg - Cys - Phe - Gly - Pro - Asn - Ile - Cys - Cys - Ala - Glu - Glu - Leu - Gly - Cys - Phe - Val - Gly - Thr - Ala - Glu - Ala - Leu - Arg - Cys - Gln - Glu - Glu - Asn - Tyr - Leu - Pro - Ser - Pro - Cys - Gln - Ser - Gly - Gln - Lys - Ala - Cys - Gly - Ser - Gly - Gly - Arg - Cys - Ala - Val - Leu - Gly - Leu - Cys - Cys - Ser - Pro - Asp - Gly - Cys - His - Ala - Asp - Pro - Ala - Cys - Asp - Ala - Glu - Ala - Thr - Phe - Ser - Gln – Arg - OH

(Pontes disulfuro: 10-54; 13-27; 21-44; 28-34; 61-73; 67-85; 74-79)

Notas editar

  1. Rao VV, Löffler C, Battey J, Hansmann I (1992). "The human gene for oxytocin-neurophysin I (OXT) is physically mapped to chromosome 20p13 by in situ hybridization". Cytogenet. Cell Genet. 61 (4): 271–3. PMID 1486803. doi:10.1159/000133420. 
  2. Wilkins; Evans (1972). "Demonstration of neurophysin in the hypothalamo-neurohypophysial system of the normal and dehydrated rat by the use of cross-species reactive anti-neurophysins.". Zeitschrift für Zellforschung und mikroskopische Anatomie 131 (2): 149–170. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar