Neurofisinas

(Redirección desde «Neurofisina»)

As neurofisinas son proteínas carrexadoras que transportan as hormonas oxitocina e vasopresina á hipófise posterior (neurohipófise) desde os núcleos paraventricular e supraóptico do hipotálamo, respectivamente. Dentro de gránulos neurosecretores, as moléculas análogas neurofisina I e II forman complexos estabilizantes coas mencionadas hormonas por medio de interaccións covalentes.[1] Os complexos estabilizantes neurofisina-hormona que se forman nos gránulos neurosecretores localizados na neurohipófise facilitan o transporte intraaxonal das hormonas.[2] Durante o transporte intraaxonal, crese que as neurofisinas impiden que a hormona que levan unida se perda no espazo citoplasmático e sexa dixerida proteoliticamente por encimas.[3] Porén, debido á baixa concentración de neurofisinas no sangue, é probable que o complexo proteína-hormona se disocie unha vez que chegan ao sangue, o que indica que a neurofisina non axuda no trasporte da hormona a través do sistema circulatorio [2].

O dominio da proteína neurofisina II non unido á vasopresina
O complexo neurofisina-oxitocina

As neurofisinas son tamén secretadas na neurohipófise, cada unha das cales carrexa a súa respectiva hormona pasaxeira. Cando se segregan vasopresina e a súa neurofisina carrexadora, tamén segrega un glicopéptido.

Hai dous tipos de neurofisinas:

Biosíntese das neurofisinas editar

Estas proteínas son sintetizadas nos corpos celulares dos núcleos supraóptico e paraventricular do hipotálamo.

A proteína rica en pontes disulfuro neurofisina suxírese que se forma de xeito semellante ao da síntese de insulina, na cal unha molécula precursora de elevado peso molecular é clivada poteoliticamente e forma pontes disulfuro.[2].

Aínda que non se obtiveron suficientes datos, hipotetízase que hai unha molécula precursora común entre as neurofisinas e as dúas hormonas que estabilizan. Este precursor clivaríase, dando lugar á neurofisina e á hormona.[2] .

Estrutura editar

As neurofisinas son proteínas ácidas cun peso molecular de aproximadamente 10 000 Da que son ricas en residuos de cisteína, glicina e prolina. A proteína é de dobre dominio cunha cadea polipeptídica de 93-95 residuos con 14 residuos de cisteína que forman 7 pontes disulfuro. O dominio I contén un C-terminal cun bucle disulfuro; o dominio II carece deste bucle disulfuro C-terminal. Baseándose na semellanza co bucle disulfuro presente na vasopresina e a oxitocina, suxeriuse que as hormonas forman enlaces covalentes co bucle disulfuro presente no C-terminal do dominio I.[4].

Notas editar

  1. Airaodion AI, Ekenjoku JA, Ogbuagu EO, Okoroukwu VN, Ogbuagu U (2019-10-22). "Carica papaya Leaves Might Cause Miscarriage". Asian Research Journal of Gynaecology and Obstetrics (en inglés): 1–9. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2020. Consultado o 01 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Breslow E (June 1979). "Chemistry and biology of the neurophysins". Annual Review of Biochemistry 48 (1): 251–74. PMID 382985. doi:10.1146/annurev.bi.48.070179.001343. 
  3. Breslow E (June 1979). "Chemistry and biology of the neurophysins". Annual Review of Biochemistry 48 (1): 251–74. PMID 382985. doi:10.1146/annurev.bi.48.070179.001343. 
  4. Drenth J (March 1981). "The structure of neurophysin". The Journal of Biological Chemistry 256 (6): 2601–2. PMID 7204368. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.