Nervosa é un grupo musical brasileiro de thrash metal e death metal formado e São Paulo no 2010. O grupo está composto por Fernanda Lira, Prika Amaral e Luana Dametto.

Nervosa
Fernanda Lira e Prika Amaral no Headbangers Open Air en 2015.
OrixeSão Paulo, Brasil
Período2010—
Xénero(s)
Selo(s) discográfico(s)Napalm Records
MembrosFernanda Lira
Prika Amaral
Luana Dametto
Antigos membrosFernanda Terra
Pitchu Ferraz
Karen Ramos
Jully Lee
Na rede
https://www.nervosaofficial.com/
Facebook: femalethrash Twitter: nervosathrash MySpace: bandanervosa Bandcamp: nervosa-brazilSouncloud: nervosathrash Spotify: 5D9d9xyLNQu32QVD9t4YqH iTunes: 511556134 Musicbrainz: ea01b409-1ffc-4cd2-94a6-50c9a8a08a26 Songkick: 198880 Discogs: 3096774 Allmusic: mn0002994600 Deezer: 1693145 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
A vocalista Fernanda Lira.

En 2012 o grupo publicou a súa primeira demo titulada Time of Death. Fernanda Terra deixou a banda pouco tempo despois e foi substituída por Jully Lee,[1] que máis tarde foi substituída por Pitchu Ferraz. En maio de 2012 o grupo asinou co selo discográfico Napalm Records.[2]

 
A guitarrista Prika Amaral.

No 2013 gravaron o seu álbum de estudio de estrea, producido por Marcello Pompeu, vocalista do grupo de thrash metal Korzus. Actuaron en varios concertos no Brasil xunto a outros grupos como Exodus, Artillery, Exumer ou Raven. Victim of Yourself foi o título do seu primeiro álbum, publicado o 7 de marzo de 2014. No verán de 2015 actuaron nos seus primeiros concertos en Europa xunto a Hirax e no Summer-Breeze-Festival.[3]

Comezaron a gravar o seu segundo álbum en xaneiro de 2016 nos Estados Unidos.[4] O álbum contou coa produción de Andy Classen. Na primavera de 2016 realizaron os seus primeiros concertos nos Estados Unidos, antes de publicar o segundo álbum Agony o 4 de xuño de 2016. No outono de 2016 o grupo realizou unha xira por Europa xunto a Destruction, Flotsam and Jetsam e Enforcer.[5] Pitchu Ferraz deixou o grupo a finais de 2016, sendo substituída temporalmente por Samantha Landa.[6] En marzo de 2017 o grupo anunciou a inclusión de Luana Dametto como a súa nova batería.[7]

Membros editar

Membros actuais editar

Antigos membros editar

  • Karen Ramos - guitarra (2010-11)[1]
  • Fernanda Terra – batería (2010-2012)
  • Jully Lee – batería (2012-13)[1]
  • Pitchu Ferraz – batería (2013-2016)[6]

Liña temporal editar

Discografía editar

Álbums de estudio editar

EPs editar

  • 2012 [8][9] - 2012
  • Time of Death - 2012

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Nervosa: anunciada mudança na formação da banda". Whiplash. Consultado o 09/11/12. 
  2. "Brazilian Female Thrashers NERVOSA Sign With NAPALM RECORDS". Blabbermouth (en inglés). Consultado o 2014-02-18. 
  3. "NERVOSA". SUMMER BREEZE. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2014-12-18. 
  4. "Brazilian Female Thrashers NERVOSA To Record New Album In U.S.". Blabbermouth (en inglés). Consultado o 2016-01-10. 
  5. "NERVOSA FARÁ TURNÊ COM DESTRUCTION, FLOTSAM AND JETSAM E ENFORCER". Wikimetal. Consultado o 29 de abril de 2016. 
  6. 6,0 6,1 "NERVOSA: BATERISTA PITCHU FERRAZ ANUNCIA SAÍDA DA BANDA". Ailhadometal. Arquivado dende o orixinal o 29/10/2017. Consultado o 27/07/2016. 
  7. 7,0 7,1 "Nervosa: anunciada nova baterista com vídeo". Whiplash. Consultado o 22/03/17. 
  8. "Napalm Records lançará o EP da banda Nervosa em vinil fora do Brasil". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 11 de decembro de 2017. 
  9. "Nervosa: vinil transparente disponível na Nuclear Blast". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2017. Consultado o 11 de decembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar