Neovirxilianismo
O neovirxilianismo é unha vangarda galega da primeira metade do século XX e que fai referencia a Virxilio, autor de xeórxicas e bucólicas inducidas por César para gabar a vida do campo nun momento de éxodo rural.
Orixe e definición
editarRecibiu tamén os nomes de "paisaxismo humanista" e de "Escola dos poetas do Norte de Lugo". A denominación de Neovirxilianismo ten a súa orixe na poesía de Aquilino Iglesia Alvariño. Mais foi este mesmo autor quen creou a nomenclatura de "Poetas do Norte de Lugo", debido a que a maioría dos creadores líricos pertencentes a esta corrente eran orixinarios desta zona de Galiza, concretamente versificadores educados no Seminario Concilar de Mondoñedo. Pese a que o neovirxilianismo ten os seus antecedentes na obra de Antonio Noriega Varela e Xosé Crecente Vega, os seus principais cultivadores foron Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé María Díaz Castro.
É unha corrente xurdida na época da vangarda, mais que combina o mundo clásico grecolatino coa realidade paisaxística galega, a cal é a gran protagonista desta lírica.
Principais características
editar- Foi cultivada por autores cunha forte formación clásica;
- A temática é paisaxística e localista;
- Reivindicación da cultura popular galega, arrequentada con elementos grecolatinos;
- Son textos altamente elaborados, sometidos a un evidente rigor métrico, marcado pola métrica clásica:
- Dignificación do elemento rural e do idioma galego.
Autores
editarOs autores deste tipo de poesía son case todos lugueses. Cada un presenta certas peculiaridades que moitas veces dependen do tempo no que escribe. Algúns destes autores son:
- Antonio Noriega Varela: denominado o “poeta da montaña” en oposición a Manuel Leiras Pulpeiro, o “poeta da mariña”. Da súa obra destaca: Montañesas (1904) e Do ermo (1920) [1].
- Xosé Crecente Vega: gran latinista, a súa poesía é menos innovadora cá de Noriega Varela. É o autor do poemario A codeseira (1933).
- Aquilino Iglesia Alvariño: gran latinista (chamado “o señor das palabras”) autor de Corazón ao vento, Señardá e Cómaros verdes (1947), libro que quizais dea as liñas tópicas desta poesía, unha poesía fría e distante, aínda que tamén contén poemas neotrobadorescos. É o primeiro libro importante tras a guerra civil.
- Xosé María Díaz Castro: autor dun único libro en galego, Nimbos (1961), obra que marca o clímax estético desta tendencia.
- Manuel María: Terra Chá (1954).
- Uxío Novoneyra: Os eidos (1955).
Notas
editar- ↑ Real Academia Galega. "Letras Galegas. Antonio Noriega Varela. Biografía". Real Academia Galega. Consultado o 27 de decembro de 2018.