Need for Speed

serie de videoxogos

Need for Speed (NFS ou nd4spd) é unha serie de videoxogos pertencente a EA Games, dispoñible para múltiples plataformas (PC, Playstation,etc). É un xogo de carreiras, que leva ás rúas, estradas e autoestradas automóbiles reais, deportivos, todo terreos... ós que ultimamente incorpóraselle as opcións de poder tunealo.

Need for Speed logo.

Orixe da serie

editar

Need for Speed foi desenvolto por Distinctive Software Inc., un estudio situado en Vancouver, Canadá. DSI creou previamente xogos de carreiras famosos, como Stunts e "Test Drive II".

Máis tarde Distinctive Software foi mercado por Electronic Arts e renomeado como EA Canada. A implicación de DSI con NFS decaeu ó focalizar os seus esforzos na creación da liña de xogos de EA Sports. No 2002, outro afiliado de EA, Blackbox Software, foi o principal desenvolvedor de Need For Speed.

A serie

editar

The Need for Speed (1994)

editar
Artigo principal: The Need for Speed.

O Need for Speed orixinal foi lanzado para 3DO Interactive Multiplayer no 1994 con versións para PlayStation, PC, e Sega Saturn. Na primeira versión atópanse persecucións por parte de coches de policía, tema que logo se estendería nas series chamadas Hot Pursuit, en NFS 3 e NFS 4. Estas versións son as que mellor funcionaron no mercado.

Na primeira versión de Need for Speed intentase plasmar o manexo real dos coches; Electronic Arts traballou xunto á revista automobilística Road & Track para conseguir o comportamento dos vehículos, así como o son da panca de cambios de marcha.

Inclúe estes coches: Acura NSX, Porsche Carrera, Dodge Viper, Chevrolet Corvette, Mazda RX-7, Toyota Supra, Ferrari 512 TR e Lamborghini Diablo. O xogo contén datos precisos dos coches, así como comentarios falados.

Need for Speed SE (1995)

editar

Unha edición pouco coñecida de Need for Speed; esta edición especial "Special Edition" está considerada como o episodio perdido de NFS.

Dispoñible só en PC CD-ROM, preparado para Windows 95, precisaba DirectX 2 e conexión TCP/IP, inclúe dúas novas pistas e varias melloras no motor de xogo.

Need for Speed II (1997)

editar

NFS II ten tres modos de carreira:

  • Tournament (torneo): córrese en todos os circuítos sumando puntos. Era posible cambiar de vehículo para cada circuíto. Por suposto, gaña o que máis puntos consegue, activándose un novo coche (Ford Indigo).
  • Knock-out (KO): Compítese en todos os circuítos co mesmo coche, e eliminase ó último en chegar. Ao final actívase o circuíto "Hollywood" onde corren os dous últimos superviventes.
  • Single race (Carreira única): Correr por un circuíto 2, 4 ou 8 voltas con calquera coche, con tráfico ou sen el, e contra un competidor ou sete.

Need for Speed II inclúe vehículos de alto luxo: McLaren F1, Ferrari F50, Ford GT90, Jaguar XJ220, Lotus GT1, Isdera Commendatore 112i, Lotus Esprit, Italdesign Calà e Ford Indigo.

Nesta versión, o son do motor e da bucina de cada coche parécese moito ao dos coches reais.

Need for Speed II SE (1997)

editar

Esta edición especial inclúe circuítos extra e novos coches, coma o Ferrari F355, ou o Italdesign Nazca C2. Tamén ten soporte para Glide, o estándar de entón para gráficos 3D usado nas tarxetas de vídeo 3Dfx de Voodoo e Voodoo 2.

Need for Speed III: Hot Pursuit (1998)

editar

NFS III engade o modo Hot Pursuit, no que o xogador ten que gañar a carreira escapando da policía, ou xogar coma policía e tentar dar caza e arrestar ós pilotos que infrinxiran os límites de velocidade. Moitos dos coches e circuítos non están dispoñibles ó comezar o xogo. O obxectivo é desbloquealos ó gañar carreiras.

Dispón de coches coma o Mercedes SL600, Jaguar XJR, Aston Martin DB7, Lamborghini Countach, Chevrolet Corvette, Ferrari F355 Spider, Italdesign Scighera, Lamborghini Diablo ou Mercedes CLK-GTR.

NFS III aproveita as vantaxes das capacidades multimedia do CD-ROM incluíndo comentarios de son, presentacións de imaxes e vídeos con música.

Esta é a edición de NFS que máis vendas logrou.

Need for Speed IV: High Stakes / Road Challenge (1999)

editar

High Stakes (título nos Estados Unidos) e Road Challenge (título europeo) apareceu no verán de 1999. Foi amplamente criticado por ser demasiado semellante ó NFS III, especialmente dado que tódolos circuítos da 3ª edición estaban presentes nesta (entre outros).

Non obstante, High Stakes/Road Challenge introduciu algúns tipos novos de xogo:

  • "High Stakes" é un modo de carreira no que a recompensa é o coche do perdedor.
  • "Getaway" tratase de escapar da policía tanto tempo como sexa posible.
  • "Career": este modo incorpora un sistema de retribución económica que permite ao xogador facerse con vehículos e melloras de rendemento.

Outra innovación é a introdución de danos. Os coches involucrados en accidentes vense notoriamente afectados, polo que perden efectividade, ademais da necesidade de reparalos tras a carreira.

Esta versión foi a base para as outras, e incluíu moitos efectos 3D con capacidade de creación con ferramentas proporcionables de EA.

Need for Speed V: Porsche Unleashed / Porsche 2000 (2000)

editar

Porsche 2000 (ou Porsche Unleashed nos Estados Unidos) é diferente das versións previas porque inclúe só Porsches; o xogo ven con ampla información sobre estes coches. Os coches condúcense de maneira máis realista que os episodios anteriores e teñen uns gráficos moi avanzados. O xogador ten que gañar carreiras para desbloquear coches en orde cronolóxica, dende o ano 1950 ao 2000.

O concepto de "evolución" foi impactante para moita xente, e creou moitos novos fans de Porsche. O "Factory Driver" (piloto de probas) é unha maneira diferente de desbloquear coches. Moitas destas probas son consideradas moi complicadas. Calquera que finalice este modo pode ser chamado un "gran piloto virtual".

Need for Speed VI: Hot Pursuit 2 (2002)

editar

Hot Pursuit 2 foi esencialmente NFS III con gráficos mellorados. O xogo foi un fracaso comercial, en parte a causa do seu excesivo estilo "arcade". Un exemplo frecuente dado polos críticos é que o xogo inclúe un helicóptero de policía que deixa caer barrís de substancias tóxicas explosivas na traxectoria do xogador. Ademais o servizo de descarga de coches en Internet é moi difícil de atopar.

Esta versión carece de funcións que ten o seu predecesor de persecucións (NFS 3), como a pantalla partida para dous xogadores, controles na vista de cámara ou gardado de repeticións. As capacidades de multixogador en LAN foron quitadas en favor do sistema de emparellamentos a través de Internet de "EA.com".

Hot Pursuit 2 é o primeiro Need for Speed que renuncia a unha banda sonora orixinal de rock e techno en favor de cancións con licenza para "EA Trax".

Need for Speed VII: Underground (2003)

editar
Artigo principal: Need for Speed: Underground.

Un xiro completo na fórmula da serie, NFSU ofrece un modo de carreira cun argumento e un garaxe onde o xogador pode personalizar o aspecto visual e o rendemento dos seus coches. Todas as carreiras teñen lugar na cidade pola noite. No canto de deportivos de luxo, esta versión inclúe vehículos que poden atoparse en calquera concesionario, como o Mazda MX-5 ou o Peugeot 206 entre moitos outros. Need for Speed: Underground tivo un grande éxito comercial. O desenvolvemento era cerrado, é dicir non había posibilidade de percorrer libremente a cidade. A historia consistía basicamente en avanzar por unha clasificación de corredores ata converterse no rei das carreiras ilegais.

Plataformas: PC, PlayStation 2, Gamecube, Xbox e GBA

Need for Speed VIII: Underground 2 (2004)

editar

Esta versión foi lanzada o 15 de novembro de 2004. É unha continuación da anterior, co mesmo espírito esencial. Con todo, engade características coma a condución libre. Desta maneira o xogador pode ir pola cidade libremente, atopando tendas de pintura, compoñentes e talleres onde mellorar o seu "buga". Tamén pode atopar sitios de reunión onde se fan carreiras ilegais e competir nelas.

Algúns dos moitos vehículos que se poden conducir son: Ford Focus, Hummer H1, Toyota Celica, Audi TT, Subaru Impreza, Mitsubishi Lancer Evolution VIII, Mitsubishi Eclipse, Mitsubishi 3000 GT, Mazda RX-8, ou o Nissan Skyline.

Plataformas: PC, PlayStation 2, Gamecube, Xbox, GBA Nintendo DS

Need for Speed IX: Most Wanted (2005)

editar

NFS Most Wanted (os máis buscados) devolve a serie as súas raíces, con persecucións policiais coma protagonistas do xogo.

Neste xogo o piloto debe gañar carreiras e evitar ser capturado pola policía para escalar postos na Lista negra da policía dos corredores de carreiras ilegais máis buscados. Nesta entrega as carreiras pasan a ser polo día, e desaparece a modalidade de derrape.

Need for Speed X: Carbono (2006)

editar

Need for Speed: Carbono é o último título da saga Need for Speed. Nesta entrega vólvese as carreiras e os drift nocturnos, posiblemente en resposta a película A Todo Gas: Tokyo Race. No Carbono sempre se corre de noite, a diferenza do Most Wanted, porén a selección de coches e moi similar, inclúense 3 tipos de coches, deportivos xaponeses, Tuner, coches moi asociados coa cultura import, Exóticos, coches luxosos, e Muscle, típico coche americano. Esta entrega tamén introduce unha forma de xogo por equipos, algunhas carreiras axudarache a gañalas un corredor do teu equipo, tamén o ir gañando carreiras o teu equipo dominará máis territorio e uniránseche novos membros que, segundo as súas habilidades, daranche a posibilidade de tunear determinadas partes do coche.

Need for Speed XI: Undercover (2008)

editar

O novo lanzamento da EA vólvese a drift nocturnos e drift de día e outros. Con persecucións policiais, o xogo devolve súas raíces. Neste xogo o piloto pode andar na cidade, disputar contra outros pilotos en corridas simples ou complexas. Os antigos modos devolve nese xogo.