Nebojša Gudelj
Nebojša Gudelj, nado o 23 de setembro de 1968 en Trebinje é un exfutbolista bosníaco que xogaba na demarcación de defensa e centrocampista.
Nebojša Gudelj | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nacemento | 23 de setembro de 1968 | ||
Lugar de nacemento | Trebinje | ||
Altura | 182 centímetros | ||
Posición | defensa | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria Editar
Comezou a xogar no club da súa vila natal, o Leotar Treblinje, na Segunda División de Iugoslavia e en 1991 ficha por un dos grandes da liga do país, o Partizan de Belgrado, co que gaña o campionato da tempada 1993-94.
Ao ano seguinte ficha polo CD Logroñés da Liga Española, pero non consegue facerse cun oco no equipo e tras dúas tempadas deixa o equipo. No ano 1996 ficha polo CD Leganés, onde militaría outra tempada.
Trala experiencia na Liga Española viaxa aos Países Baixos onde militou oito tempadas no NAC Breda e se retirou no Sparta Rotterdam no ano 2005.
O seu fillo, Nemanja Gudelj, tamén é futbolista e actualmente milita no NAC Breda e é internacional coa selección de Serbia sub-21.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Ficha do xogador Arquivado 22 de marzo de 2012 en Wayback Machine.